O festival, ademais, premiará ao mellor grupo coa gravación dunha maqueta. O ensaiamos-Colleita 2015 está integrado por Los Turbis, banda con claras influencias dos grandes nomes do rock; Kas Limón, grupo de pop-rock de estudantes de Enxeñaría Industrial; IGN, que fan versións de grupos de pop-rock como Red Hot Chilli Peppers ou Artic Monkeys; Thelema, moi identificados co rock clásico e o heavy metal dos 70-80 e Cool Cucumbers, integrado por estudantes de Enxeñaría, Maxisterio, ADE e Dereito que fan rock.
Ademais do premio a un dos grupos, Ensaiamos-Colleita 2015 sorteará premios entre o público asistente.
Este festival enmárcase na programación cultural do segundo cuadrimestre da Universidade de Vigo na que se combina música e teatro.