Subiranse ao escenario do teatro de Cidade Universitaria grupos emerxentes e consolidados do panorama musical de Galicia. Os encargados de abrir o cartel serán Dakidarría coa súa proposta chea de enerxía desta banda de O Val Miñor. Trátase dun dos grupos galegos con máis proxección fóra de Galicia, logo de trece anos percorrendo a xeografía peninsular e mesmo moitos puntos de México. Os seus oito compoñentes, a cabalo entre o ska, reggae e punk-rock veñen de editar o seu último traballo De cuncas e mar, e o concerto da Universidade, o vindeiro 2 de marzo, será a presentación oficial deste disco entre os seus seguidores vigueses.
O Sonora16 (14 de abril), a segunda gran cita musical da programación da Universidade de Vigo, inclúe a orixinal proposta de a Orquesta Metamovida. Un colectivo integrado por bandas na súa maioría da provincia de Pontevedra. A súa proposta musical no escenario baséase nunha improvisación de vinte músicos que deben tocar seguindo as indicacións dun deles que fai de director de orquestra. É unha das poucas oportunidades de gozar desta proposta musical xa que debido ao número de integrantes, sempre é necesario un gran escenario como o da UVigo. De teloneiras da Metamovida, tocarán no Sonora o dúo Bala, composto por Violeta Mosquera (batería e voz) e Ánxela Baltar (guitarra e voz). Herdeiras do rock máis alternativo dos 90, chegan ao escenario da Universidade con Human Flesh, editado por Matapadre.
Os concertos da Anecoica arrancan con La casa de los ingleses (1 de abril), indie pontevedrés que se estrea co seu primeiro EP Punto de partida, logo de gañar en 2013 o Liberty Music Play de Ponteareas, que premia a novos talentos musicais. Os seguintes en pasar pola sala de son sen eco da Facultade de Telecomunicación son O quinteto Tamadedashi (29 de abril), a colaboración
que xa ven desenvolvendo os concertos da Anecoica co Conservatorio Superior de Música de Vigo. Neste caso, trátase dun quinteto de vento que interpretarán pezas de autores do século XX que abranguen diferentes estilos. Por último, pecharán estas sesión, o 27 de maio, o dúo 2M, co seu jazz contemporáneo.
Por último, o apartado musical pecharas eco Concerto Ensaiamos, Colleita 2016. Inclúe un programa composto por dous microconcertos (26 de abril e 3 de maio) e un concerto principal, o 4 de maio, no que tocarán varios grupos que formaron parte, ao longo do curso, do programa Ensaiamos, no que se ofrece aos grupos un lugar onde ensaiar e parte do equipo de son necesario para facelo.
En teatro, a programación deste cuadrimestre volta un no máis coa MITEU, que se desenvolverá entre o 16 de marzo e o 28 de abril coas novas producións tanto de compañías das universidades galegas como de fóra. Participa tamén, por segundo ano consecutivo, a Escola Superior de Arte Dramático de Vigo (ESAD).
Por último, o Ciclo Cine e Lingua comeza unha nova andaina. Neste cuadrimestre proxectaranse oito longametraxes en diferentes idiomas: inglés, francés, alemán e portugués, desde o 16 de marzo ao 18 de maio no Edificio Cambón.
Un ano máis, mantéñense intactos os obxectivos orixinais desta veterana proposta cultural, que é a de achegar aos universitarios a cultura nas súas diferentes manifestacións, baixo a premisa de calidade e variedade.
A entrada a todas as actuacións, obras teatrais e proxeccións son libres ata completar aforamento.
DÍA/HORA |
ACTUACIÓN |
CATEGORÍA |
LUGAR |
2 de marzo 18.30h. |
Dakidarría |
Música |
Teatro Cidade Universitaria |
1 de abril Dous pases: 11.00h./12.00h. |
La Casa de los Ingleses Os concertos da Anecoica |
Música |
E.E de Telecomunicación |
14 de abril 17.30h 18.30h |
SONORA 16 Bala La Orquesta Metamovida |
Música |
Teatro Cidade Universitaria |
26 de abril / 3 e 4 de maio 13.30 h |
Concerto Ensaiamos Colleita 2016 |
Música |
Centro Comercial da Cidade Universitaria |
29 de abril Dous pases: 11.00h./12.00h. |
O Quinteto Tamadedashi Os concertos da Anecoica |
Música |
E.E. de Telecomunicación |
27 de maio Dous pases: 11.00h./12.00h. |
2M Os concertos da Anecoica |
Música |
E.E. de Telecomunicación |
Do 16 de marzo ao 28 de abril 18.30h |
MITEU |
Teatro |
Teatro Cidade Universitaria |
Do 16 de marzo ao 18 de maio 20.00h. |
Ciclo Cine e Lingua (multilingüe) |
Cine |
Edificio Cambón |