Ademais, no escenario da feira gastronómica itinerante Rilla na Rúa, cara a Alameda da Ramallosa, terá lugar ás 19:30 horas a actuación do trío Off Room, un conxunto 100% de Nigrán que se suma ao Nigranjazz versionando clásicos do jazz, soul ou funk. A clásica ‘jam-session’ posterior aos concertos será á medianoite a cargo do vogalista Rubén Fernández e o pianista Sunil López co seu cuarteto.
Deborah J. Carter, que estará acompañada do Trío Campazán –formado por Mark Zandveld (contrabajo), Xan Campos (piano) e Chus Pazos (bateri?a)- é creadora dun estilo moi persoal de interpretar o jazz contemporáneo. Foi recentemente descrita pola revista Music Maker como “unha artista absolutamente ‘top- class’ e unha das vocalistas de jazz máis emocionantes na escena europea actual”.
Nacida en Estados Unidos, creceu a camiño entre Hawai e Xapón. Desde moi cedo dedicouse á música formando o seu propio trío co que participa en moitos espectáculos, festivais de jazz, e tamén en programas de radio e televisión en países tales como Alemaña, Inglaterra, España, Holanda, Bélxica, Letonia, Myanmar e Acerbaixán.
A súa paixón pola música abarca numerosos campos, non só como cantante, compositora e arreglista senón tamén como educadora musical. Por esa razón, foi convidada a impartir numerosos seminarios de jazz en todo o mundo durante os últimos anos. Coñecida amplamente en España, viviu a tempadas no noso país colaborando con diferentes músicos.
O Nigranjazz viviu a súa primeira xornada este venres coas actuacións do trío feminino Hey Cats, o cuarteto do saxofonista Pablo Castaño, o tamén cuarteto do saxofonista Xosé Miguelez e o pianista Jean-Michel Pilc Quartet.