A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un novo paseo literario e toponímico polos areais vigueses ata Panxón nun traxecto que terá lugar o 18 de xuño e que se fará en autobús.
O vehículo partirá ás 19:30 horas fronte á Casa do Concello, na Avenida das Camelias e regresará ás 14 horas ao mesmo punto. O custe do paseo será de 3 euros e hai 50 prazas dispoñibles para disfrutar in situ da beleza dos lugares que percorre o popular inspector Leo Caldas na procura do asasino dun mariñeiro.
Xosé Lois Vilar será o encargado de guiar este percorrido no que se reparará ademais nos nomes das praias de Vigo: os nomes tradicionais que foron agochados por «La Sirenita», «La Fuente», «Los Olmos…» e tamén a praia da Madorra (onde aparecou o cadáver), Panxón e Monteferro.
Para reservar praza hai que chamar ao teléfono 986 81 02 81 a partir das 10:00 do día 13 de xuño. Para máis información, a web snl.vigo.org ou no facebook: Vigo en galego.