• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 6 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    entrevista

    “Todo o rastro nazi en Galicia leva cara Vigo, daría para moitas novelas”

    Xabier Quiroga fala con VIGOÉ sobre a novela na que investiga sobre a fuxida dos militares do III Reich a través de Galicia
    Antonino García por Antonino García
    16 de Jul, 2017
    en Libros
    0
    “Todo o rastro nazi en Galicia leva cara Vigo, daría para moitas novelas”

    «La casa del nazi» é a traducción ao castelán da obra «Izan o da saca», de Xabier Quiroga. O profesor e escritor atrévese a tocar un asunto que “aínda hoxe é tabú” polo seu rastro en moitas familias galegas. Premio da Crítica coas súas dúas anteriores novelas («O Cabo do Mundo» e «Zapatillas rotas»), o autor fala con paixón da investigación feita para levar o tema ao papel. “Queda moito por descubrir”, afirma nunha entrevista con VIGOÉ.

    Definiría a súa obra como novela negra?
    Non. Hai xente que fala de novela negra, outro de novela histórica, de thriller… Creo que os xéneros ultimamente mestúranse uns cos outros, esas fronteiras están xa tan indefinidas que non me parece adecuado cualificar a obra de novela negra. É unha procura, unha busca na Galicia actual dun pasado moi próximo que nos toca. Achégase un pouco a un thriller na busca de algo descoñecido, pero non é unha novela negra, aínda que hai mortes e elementos policiacos, pero non é así.

    É a súa primeira novela traducida do galego?
    Si, é a primeira tradución a gran escala para sacar á venda. Houbo outra, unha pequeniña novela, na que un compañeiro que vive en Burgos quería que os seus alumnos tiveran a oportunidade de ler un dos mes libros e se ocupou el. Foi cunha editorial pequena e cunha distribución case exclusiva para os alumnos do profesor.

    O preguntaba porque non sei ata que punto pérdense os matices orixinais?
    Totalmente, a frase de “traduttore traditore”, o que traduce é un traidor, é así. Xa non falo de poesía, é un imposible. Certa esencia e aroma do galego, do pobo, da musicalidade, a sintaxe das frases… pérdese moito, moito. O que se escribe dun idioma fala da esencia do pobo. É moi complicado, pero tamén teño que dicir que Isabel Soto fixo un magnífico labor, e está sendo eloxiada por moitas persoas, tamén por lectores de galego.

    Como chega ao tema nazi?
    Foi por casualidade. Dando un paseo por unha biblioteca encóntrome un libro de Eduardo Rolland, “Galicia en guerra”, unha crónica de batallas, submarinos, wolframio… Unha visión de certa pegada de nazis e alemáns en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial. Sabía algo do tema, pero sorprendeume moitísimo. Empecei a investigar e fixen tamén un traballo de campo, buscando documentación e falando con xente, desplazándome a minas, a mosteiros, a embarcadoiros, lendo moito… sobre todo sabendo que aí había unha ou múltiples novelas. Quería facer unha novela que contase estes feitos que están tan agochados e tan escondidos para moita xente.

    Que parte da novela é investigación e que parte ficción, podemos trazar unha liña divisoria?
    Realmente a novela combina realidade e ficción en todos os sentidos, podemos dicir que tanto en personaxes, como lugares, accións… pero hai persoas a quen lles cambiei o nome e hai personaxes ficticios que teñen nomes reais. Non se pode establecer unha porcentaxe, pero moitos dos elementos que aparecen aí relacionados con nazis son presentes, a investigación histórica que fai Víctor dun pasado nazi está aí. Esa é a Historia con maiúscula, tal e como lle chamo eu. Despois está a minúscula, personaxes inventados, elementos para crear unha trama novelística. É difícil establecer unha porcentaxe, pode ser dous a dous, realidade e ficción. Hai moita xente que o pregunta e incluso viaxan aos lugares para investigar. Samos, é certo? Ribeira Sacra? A literatura leva ata estes elementos.

    En que faceta atopouse máis cómodo, á hora de investigar e percorrer os escenarios da novela ou á hora de escribir?
    Máis enganchado e máis cómodo estiven á hora de facer ese traballo de campo, falando con xente, lendo libros, investigando… descubrindo elementos novos que sempre me chamaban a atención. En canto a escribir, é un traballo laborioso, incluso con certo maltrato físico, porque para os que pasamos moitas horas diante do ordenador, as vértebras xa se queixan, pero todo engancha.

    Evidentemente non tería tantos problemas como Reiniña para investigar, pero foi doado? Encontrou colaboración por parte da xente?
    A xente é moi amable colaborando, pero estes feitos dos nazis están tan sepultados na memoria, tan adrede escondidos, houbo un disimulo, un tapado… Esa impunidade coa que se moveron, sempre en silencio, foron axudados por moitas familias… Non deixaron nada escrito porque lles conviña. É moi complicado basear todo na memoria, porque escritos hai poucos. Descubrín algunhas cartas a familiares, pero por exemplo, o famoso nazi Guillermo Cloos (Frederic Wilhelm Cloos), enterrado en Vigo, sempre regalaba o libro “Mein Kampf” (“Mi Lucha”) de Hitler aos coñecidos. Ese libro o eliminaron porque non conviña ter esas amizades. Despois falar tranquilamente da relación non convén, aínda hoxe o tema nazi é tabú. Tampouco hai excesiva investigación aquí, é un campo aberto para xornalistas e historiadores.

    En Vigo hai moito rastro nazi, pero ata que punto está mitificado?
    Loxicamente co paso dos anos ese proceso de mitificación acontence, engrandécese e cobra unha magnitude especial, pero é que tamén Vigo era un núcleo nazi total, era o porto de embarque. Precisamente, non quixen levar a Reiniña a Vigo e hai xente que me di que falta unha segunda parte, porque empecei por Lugo, pola zona de Monforte e da Ribeira Sacra, e todo leva cara a Vigo. O cargadoiro da ponte de Rande, o río Verdugo, o Colexio Alemán, a Estación Marítima… pero quería facer unha obra de ficción, xa o proceso foi de ir podando, porque chegou un momento en que tiña tantos elementos históricos que tiven que recordar que eu era un escritor de novelas, non un historiador. Por iso deixei ao marxe Vigo, pero daría para moitas novelas.

    Hai unha teoría sobre a fuxida de Hitler a través de Vigo, non sei se lle da credibilidade?
    Na miña novela aparece esa teoría alimentada por un canteiro que é Farandulo, que traballou no mosteiro de Samos e que di que viu con vida a Hitler alí escondido. A teoría de que marchou a Vigo non está confirmada, aínda que hai historiadores como Abel Basti que a defende. O Farandulo tamén é moi fabulador, de feito o seu nome ven da farándula e non sabemos ata que punto crelo, pero o mito está aí, porque o mosteiro de Samos ardeu e todos os pasadizos e o bunker quedou derruído e logo xa non se recuperou. A teoría chama moito a atención. Agora cando chamades moitos xornalistas sempre me preguntades sobre o tema e me pedides opinión. Sempre digo o que me contaron e non podo estar seguro. Do que si estou moi seguro e da estreita relación entre o réxime franquista e o nazi, e do mesmo xeito coa igrexa católica, que proporcionou documentación para os que marcharon dende Vigo. Tiveron que esperar case dous anos a que Perón decretase a autorización para a súa entrada e os que estaban agochados marcharon dende Vigo. En Galicia hai moito pasado nazi, moito vestixio, pero tamén moito por descubrir.

    É Reiniña un antiheroe?
    A Reiniña xa o utilizara noutra novela, no “Cabo do Mundo», e necesitaba un personaxe lixeiro, audaz, atrevido, aventureiro, antiheroe, pero ao mesmo tempo honesto e legal, un sabueso, un buscavidas. Gusta moito, ten retranca, deixase querer… foi moi adecuado. Leva tundas por ser descarado e polo obxectivo de descubrir a verdade.

    A personaxe de Varela é unha crítica a actual política?
    Por suposto, é unha denuncia do proceder falso, interesado, de moitos e certos políticos. Non sei se sentirá identificada algunha persoa, pero hai moito dos que din por diante e por detrás pensa e fai doutra maneira. Esa falsidade da política tamén é unha crónica da actualidade. Tamén quería manifestar como somos os galegos, como pensamos, certas deficiencias.

    Tamén hai unha homenaxe aos mestres da República, aos movementos como o 15-M…
    Alégrome de que mo digas, porque hai xente que pensa que o libro toca soamente o tránsito dos nazis polo noso país, pero é certo que como novela ten outros valores e outras temáticas. Aparte da denuncia política, tamén está a memoria colectiva, o réxime franquista, os mestres republicanos, a confiscación dos bens, a impunidade coa que funcionaban os fascistas, a represión… e tamén esa forza dos personaxes populares por saír adiante a pesar das torturas. Despois tamén figura a paisaxe galega, ese choque entre a cidade e o rural. A novela ten moitos elementos, incluso unha historia de amor, por iso quero que quede moi claro que non só é o tema nazi.

    Está traballando xa na seguinte novela?
    Ao non ser profesional o bo que teño e que son un pouco clandestino e non hai obras por encarga. Sego traballando e estou a darlle voltas a unha historia que non acaba de cadrarme, pero teño tempo para preparar e meditar para facer unha boa obra. Ao final non importa se sacas unha obra cada ano, se non que sexa unha novela que diga algo e que interese, polo menos que me interese primeiro a min.

    Deduzo que non haberá segunda parte?
    Non creo, porque quedou todo moi pechado. Alguén preguntábame se Reina morrera, pero o que dixen era que houbo luto no gremio dos taxistas, non que morrera. Pode que nalgún momento Reina volva a investigar.

    43

    RelacionadosArtículos

    Descubriendo la Gran Manzana : Los sitios turísticos imprescindibles de Nueva York
    Viajes

    Descubriendo la Gran Manzana : Los sitios turísticos imprescindibles de Nueva York

    06 de Jul, 2025
    171018 Incendios Chandebrito Estudio
    Nigrán

    Un incendio en Chandebrito revive los recuerdos de la tragedia de 2017

    05 de Jul, 2025
    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica
    Música

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica

    05 de Jul, 2025
    Rallye Rías Baixas al rojo vivo
    Motor

    Rallye Rías Baixas al rojo vivo

    05 de Jul, 2025
    La Romaría do Pan de Millo llena Cabral de sabor y tradición
    Gastronomía

    Guía de fiestas gastronómicas en Vigo para julio y agosto de 2025: sardinas, pulpo, mejillones y más

    05 de Jul, 2025
    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros
    Viajes

    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros

    05 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR