A publicación, de máis de 500 páxinas, posúe unha coidada edición: encadernación en pergameo elaborado a man, papel de algodón e con fío vexetal. A Fundación Castelao avala este traballo, que conta con prólogos de Miguel Anxo Seixas e Manuel Ayaso.
Trátase dun novo recoñecemento á figura de Castelao tras a instalación das placas que dan o seu nome á Alameda e ás xornadas dedicadas ao escritor que se celebraron o pasado mes de xaneiro e que contaron cunha notable afluencia de público.
Cada mes a vitrina abrirase para mostrar unha nova ilustración deste artista, polo que todos aqueles que visiten o Concello poderán deleitarse e sorrir cos orixinais e ocorrentes debuxos deste polifacético autor.