O acto desenvolverase no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) o vindeiro 23 de abril, Día Internacional do Libro, ás 11:00 hrs., e pretende render unha homenaxe literaria e popular ao escritor que este ano se lle dedican as Letras Galegas.
A actividade organizada pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos e que conta coa colaboración da Área de Cultura do Concello de Vigo é de convocatoria aberta para quen queira pode asistir, como público, lendo ou recitando algún dos poemas ou textos da prolífica e polifacética obra creativa do escritor chairego.
As persoas interesadas en ler ou recitar non teñen máis que se dirixir ao correo electrónico habilitado para anotarse: irmandadesdafala@gmail.com
Neste momento está confirmada a participación dos escritores: Afonso Becerra, Francisco Castro, Antón Costa, Clara do Roxo, Marta Dacosta, Antonio García Teijeiro, Miguel Anxo Mouriño, Ramón Nicolás e Vitor Vaqueiro.
Alén da Vigo, o evento vaise realizar en distintas cidades e vilas de Galiza como Ferrol, Compostela, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Lalín, Vilalba, Carballo, A Pobra, Rodeiro… e inclusive tamén se vai desenvolver en distintos lugares do mundo por parte dalgunhas colectividades galegas.