• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    viernes, 3 de febrero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • A Deputación conmemora en Vigo o 50º aniversario da recuperación da Casa de Rosalía

    Carmela Silva e Abel Caballero inauguran canda a Farola de Urzaiz unha exposición “imprescindible” para coñecer a historia do museo rosaliano, que contou na sede provincial cunha conferencia de Anxo Angueira e a música de Su Garrido
    Redacción por Redacción
    07 de Jul, 2022
    en Exposiciones
    0
    A Deputación conmemora en Vigo o 50º aniversario da recuperación da Casa de Rosalía

    Silva e Caballero, con Pepe Barro na inauguración da exposición. / Foto: Deputación de Pontevedra

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A Deputación de Pontevedra vén de inaugurar na Farola de Urzaiz, en Vigo, a exposición ‘A casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía’, comisariada por Pepe Barro, unha “imprescindible” mostra no espazo exterior que ata o 20 de xullo permitirá á cidadanía viguesa realizar un percorrido pola historia do museo rosaliano e lembrar o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e musealizar a casa da universal escritora grazas á colaboración de milleiros de persoas. 

    O tiro de saída á mostra, presidida por Carmela Silva e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, completouse despois na sede viguesa da Deputación cunha conferencia a cargo de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, e cun concerto de Su Garrido con pezas de temática rosaliana.

    A presidenta provincial, Carmela Silva, aproveitou a ocasión para subliñar a singular e espléndida característica de Galicia xa que “somos dos poucos pobos que temos como grande referente a unha muller, Rosalía, a nosa matriarca, o noso grande emblema, que nos une e identifica”. Tampouco deixou pasar a ocasión para lembrar a estreita relación da autora coa cidade de Vigo, “xa que aquí foi onde se publicou a súa grande obra ‘Cantares gallegos’ e tamén aquí ela residiu e gozou dunha feliz etapa da súa vida”.

    Sobre a historia da Casa de Rosalía que recolle a mostra, a presidenta quixo facer fincapé no importante papel que desenvolveu a cidadanía que “se implicou nun auténtico crowfunding, no que participaron asociacións, organismos e persoas moi vinculadas con Vigo e a cultura da cidade,  para recadar o suficiente e recuperar a Casa de Rosalía para convertela no que hoxe é, a casa de todas as galegas e galegos”.

    Tras o acto de inauguración da exposición, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, foi o encargado de pronunciar unha maxistral conferencia xa na sede da Deputación no Casco Vello, na que detallou en profundidade os “estreitos” lazos da autora con Vigo, tanto durante a súa vida como no momento de recuperación da súa casa da Matanza ou durante o 150 aniversario de ‘Cantares Gallegos’. “Aquí, en Vigo, Rosalía de Castro forxouse como escritora na imprenta de Juan Compañel, onde mesmo chegou a vivir unha pequena temporada a finais de 1859”, lembrou.

    Angueira detallou que “na rúa Real ven luz as catro obras que marcan o camiño futuro da escritora: Lieders, La Hija del mar, A mi madre e Cantares gallegos, libro fundacional da literatura galega contemporánea”, e destacou que no proceso histórico de compra e remodelación da Casa de Rosalía, “Vigo estivo apoiando de múltiples maneiras o proxecto do que agora se cumpren 50 anos xa que foron moitas as personalidades viguesas que se significaron co seu apoio como  Méndez Ferrín, Cunqueiro, os Massó, Zulueta de Haz, Daniel Pino, Xosé María Álvarez ou Antón Patiño, así como entidades como o Celta de Vigo, que chegou a doar 35.000 pesetas, unha por cada entrada vendida no seu partido contra o Real Madrid”.

    🖼 A exposición itinerante sobre os 50 anos da @CasadeRosalia 🎂 chegou a Vigo! Atópaa diante da farola de Urzáiz ata o 20 de xullo

    A @depo_es é mecenas da institución, cunha achega anual de 10.000 € para levar iniciativas aos concellos da man da Fundación todo o ano pic.twitter.com/jf2x9OSkOj

    — Deputación Pontevedra (@depo_es) July 6, 2022

    Finalmente, o presidente da Fundación Rosalía de Castro destacou que a cidade de Vigo tamén se implicou “de cheo” nos actos con motivo do 150 aniversario de ‘Cantares gallegos’, no 2013, cando se organizou unha exposición na Fundación Barrié, “de enorme éxito”, e “cando se creou unha alfombra na Rúa Real con versos da ‘Alborada’ rosaliana realizados pola Asociación Veciñal do Casco Vello”.

    O evento, que se desenvolveu coa asistencia de asociacións e colectivos culturais da cidade, tamén contou coa actuación da música e compositora viguesa Su Garrido, un pequeno concerto no que interpretou pezas relacionadas con Rosalía.

    Tags: Deputación de PontevedraExposiciónRosalía de Castro

    RelacionadosArtículos

    Expresiones e impresiones de una ‘inmersión’ apta para curiosos y valientes en Vigo
    Exposiciones

    Expresiones e impresiones de una ‘inmersión’ apta para curiosos y valientes en Vigo

    02 de Feb, 2023
    Deputación de Pontevedra y Asime impulsan la ‘Tecnolóxicas Week’ para fomentar vocaciones entre alumnas
    Economía

    Deputación de Pontevedra y Asime impulsan la ‘Tecnolóxicas Week’ para fomentar vocaciones entre alumnas

    31 de Ene, 2023
    La Deputación de Pontevedra abre el plazo para ir a los campamentos de verano DepoAventura en A Lanzada
    Galicia

    La Deputación de Pontevedra abre el plazo para ir a los campamentos de verano DepoAventura en A Lanzada

    30 de Ene, 2023
    Rosa García e Alberto Pena amosan en Vigo as súas visións artísticas centradas na natureza e os espazos habitados
    Arte

    Rosa García e Alberto Pena amosan en Vigo as súas visións artísticas centradas na natureza e os espazos habitados

    26 de Ene, 2023
    La Deputación de Pontevedra reivindica la “inversión histórica” de 42 millones en el Val Miñor en 8 años
    Val Miñor

    La Deputación de Pontevedra reivindica la “inversión histórica” de 42 millones en el Val Miñor en 8 años

    25 de Ene, 2023
    Ponteareas promove a contratación de 25 persoas desempregadas a través do Plan Concellos 2023
    Ponteareas

    Ponteareas promove a contratación de 25 persoas desempregadas a través do Plan Concellos 2023

    25 de Ene, 2023

    Más Vistos

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    por Raquel F. Novoa
    27 de Ene, 2023
    0

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    por Redacción
    27 de Ene, 2023
    0

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    por Redacción
    29 de Ene, 2023
    0

    La plantilla de Vitrasa denuncia sanciones “desproporcionadas” por temas “sin importancia”

    La plantilla de Vitrasa denuncia sanciones “desproporcionadas” por temas “sin importancia”

    por David Lorenzo
    01 de Feb, 2023
    0

    Un vigués sale ileso tras empotrarse contra la plaza de América y dar positivo en alcohol

    por Redacción
    02 de Feb, 2023
    0
    Un vigués sale ileso tras empotrarse contra la plaza de América y dar positivo en alcohol
    Sucesos

    Un conductor, natural de Vigo y de 31 años de edad, ha quedado investigado como presunto autor de un delito

    Leer mas

    El Concello de Vigo pide a la Xunta que “devuelva” los terrenos de la antigua estación de autobuses

    por Redacción
    02 de Feb, 2023
    0
    El Concello de Vigo pide a la Xunta que “devuelva” los terrenos de la antigua estación de autobuses
    Local

    El Concello de Vigo quiere disponer de las parcelas en las que se construyó en su día la antigua estación

    Leer mas

    Un aficionado del Celta se enfrenta a 6.000 euros de multa por lanzar un mechero al terreno de juego

    por Redacción
    02 de Feb, 2023
    0
    Un aficionado del Celta se enfrenta a 6.000 euros de multa por lanzar un mechero al terreno de juego
    Celta

    Agentes de la Policía Nacional identificaron el pasado domingo en Balaídos a uno de los acusados de tirar objetos al

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR