O primeiro deles poderá verse o 31 de outubro (19.30 horas) no teatro García Barbón. Trátase dun espectáculo protagonizado polos monstros o Home Invisible, o Lobo, Frank, Vampi, o Profesor Hyde, Momi e Ghost co que se poderá celebrar a festividade do Samaín dun xeito diferente e en familia. As entradas xa se poden adquirir por internet a partir de 8 euros.
Pola súa banda, ‘Naviland’, o primeiro musical baseado nos Reis Magos, toma as panxoliñas tradicionais como banda sonora. Ademais, ten unha finalidade solidaria e conta co patrocinio da Fundación Crecer Jugando e Radio Nacional de España. Poderase gozar deste espectáculo o 3 de xaneiro no mesmo emprazamento e por un prezo de 10 euros.
TRAILER-DEMO MONSTER ROCK Teatro Real Carlos III. Aranjuez . 17 DICIEMBRE 2017 from UNIVERSALMIX on Vimeo.