A obra representada será O público. Baixo a area, de Federico García Lorca, a cargo da Aula de teatro da USC-LUGO. Esta obra do autor granadino considérase a primeira en abordar o amor homosexual, segundo o historiador Ian Gibson. O subtitulo Baixo a area fai referencia a un conxunto de obras escritas por Lorca que denominaba “comedias imposibles”. De feito, é no ano 1986, cando o Centro Dramático Nacional estrea El público, por primeira vez, o que supuxo un dos acontecementos teatrais dos anos oitenta.
Ás 20.00 horas, o edificio Cambón (Rúa Oliva, 3. Casco Vello) acolle The Reader (Stephen Daldry, 2008), en versión orixinal. Está protagonizada por Kate Winslet, que foi premiada co Oscar á mellor actriz protagonista. A longametraxe sitúase en Alemaña, tras a II Guerra Mundial (1939-1945).
Michael Berg (David Kross), un rapaz de quince anos, perde o coñecemento mentres regresa da escola. Hanna Schmitz (Kate Winslet), unha muller reservada que lle dobra en idade, decide coidalo. Entre os dous xurde un amor interrompido pola misteriosa desaparición de Hanna. Anos máis tarde, Michael atópase con ela de novo pero nunha situación que non desexaría. Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da Uvigo dirixirá un debate posterior.
Aula de Teatro USC-Lugo O público. Baixo a area Hora: 18.30 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Teatro de Cidade Universitaria. Universidade de Vigo. Ciclo Cine e Lingua: The Reader Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo. |