• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Miteu cumpre 20 anos propoñendo sete semanas de teatro no campus

    A mostra programa a actuación de sete grupos de Galicia, Navarra e Marrocos, ademais de incluír o ciclo Cine e Lingua e os festivais Sonora18 e Ensaiamos
    Redacción por Redacción
    14 de Mar, 2018
    en Espectáculos
    0
    A Miteu cumpre 20 anos propoñendo sete semanas de teatro no campus

    É o prato forte, pero non o único, o menú inclúe tamén propostas musicais con grupos emerxentes e bandas consolidadas e, como vén sendo habitual, cine en versión orixinal, nesta ocasión coa resistencia como eixe temático central dos filmes.

    A nova programación cultural arranca este mesmo mércores coa estrea da XX edición da Miteu, será ás 18.30 horas no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria coa representación da obra ‘Veciños’ a cargo da Escola Superior de Arte de Galicia, ESADg, e tamén cunha nova edición, e xa van oito, do ciclo de Cine e Lingua ‘Let’s go to the flicks’ coa proxección da película ‘North Country’ (Niki Caro, 2005).

    As actuacións da XX edición da Miteu serán ás 18.30 horas no Vidal Bolaño e prolongarase ata finais de abril. Nesta ocasión a mostra traerá ao campus a actuación de sete grupos: cinco galegos, un de Navarra e unha formación de Marrocos, que será a encargada de pór o toque máis internacional.

    No caso de ‘Veciños’, a obra coa que mañá se estrea a programación, as actrices e actores da ESADg retratarán unha veciñanza onde se misturan os personaxes máis dispares enfrontados en problemas de parella, conflitos familiares, amorosos e diferentes visións da vida. Todos eles soben e baixan as escaleiras desta comunidade de veciños un tanto peculiar.

    A dramaturxia parte de textos da obra ‘Cabaret Tráxico, Opera Pánica’ de Alejandro Jodorowsky, e textos de ‘Confesiones antes del fin de la era humana’ de Alberto García Martín. Dirixida por María Crespo, o seu elenco está formado por Sonsoles Cordón, Yago Espasandín, Yolanda Lorenzo, Iván Márquez, Ainhoa Martínez, Raúl Pérez e Jennifer Vilar.

    O programa da Miteu continuará o 4 de abril coa participación da Aula de Teatro Universitario de Ourense, Maricastaña, que representará a obra ‘As ondas das pedras no río’, o 4 de abril. Uns días máis tarde, o 10 de abril, tocaralle a Aula de teatro da USC de Santiago, con ‘Pasar por Nida’. O 16 de abril será a quenda da Compañía de teatro da USC-Lugo, con WK. O 18 de abril actuará o primeiro grupo de fóra de Galicia, a Aula de Teatro Universidad Pública de Navarra, que representará ‘Superhéroes de barrio’.

    Posteriormente, volverán as propostas galegas coa actuación dos anfitrións, a Aula de Teatro Universitaria do campus de Vigo, que representará a peza ‘Paraíso’. Por último, pechará a Miteu, a proposta máis internacional, a que ofrecerá o ETM, de Marrocos, con ‘El Itsmo’.

    A música chega cos festivais Sonora18 e unha nova colleita do Ensaiamos
    No eido musical, a programación retómase o mércores 21 co Sonora 18 que, nesta ocasión, traerá unha combinación entre o rap de Malandrómeda e o garage rock de Los Bengala. Grupo compostelán formado por Hevi e o Master do son, en 2016 a Revista Rockdelux nomeou o disco dobre ‘Os corenta e oito nomes do inimigo’ de Malandrómeda como mellor álbum nacional e o pasado ano gañaron na categoría hip-hop os Premios Martín Códax da música.

    O cartel do Sonora complétase coa actuación dun dos grupos independentes máis recoñecidos da actualidade, Los Bengala, de Zaragoza, dous músicos que logran cos seus instrumentos e as súas voces, directos contundentes.

    A música continuará o 17 de abril co Concerto Ensaiamos, Colleita 2018. As bandas que este ano terán a oportunidade de pórse diante do público serán Cool Cucumbers, Undef, Lendas do Alén, Spleen e Malboro Tigers. O grupo gañador terá a oportunidade de gravar a súa primeira maqueta nos estudos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

    Cine en versión orixinal
    Completa a programación o ciclo Cine e Lingua centrado nesta ocasión na resistencia como temática das historias seleccionadas, con diferentes filmes cuxos protagonistas principais se enfrontan a duras situacións. A idea é a de achegar ao público, tanto universitario como resto de persoas interesadas, cine en versión orixinal.

    A primeira película en proxectarse vai ser ‘North Country’ (Niki Caro, 2005). Protagonizada por Charlize Theron, este filme está baseado nunha historial real de discriminación de xénero no traballo e nel relátase a vida dunha nai solteira e o seu duro día a día como traballadora nas minas de ferro do norte de Minnesota.

    A película estará presentada e moderada por Jeff Beasley, profesor do Centro de Linguas da Universidade de Vigo. Con entrada libre ata completar aforamento as proxeccións no edificio Cambón (rúa Oliva,3) prolongaranse ata principios de maio.

    43

    RelacionadosArtículos

    Los descendientes de los últimos moradores del Pazo de Castrelos obsequian a Vigo con sus recuerdos
    Cultura

    Los descendientes de los últimos moradores del Pazo de Castrelos obsequian a Vigo con sus recuerdos

    03 de Jul, 2025
    Vigo impide la entrada a los feriantes con un control policial a las puertas del Ayuntamiento
    Local

    Críticas al gobierno local de Vigo por el «veto» policial a los feriantes: «Todas esas órdenes parten de Caballero»

    03 de Jul, 2025
    El presidente de la Diputación de Pontevedra anima a estudiantes de Erasmus a volver con «más conocimiento y fuerza»
    Comarcas

    El presidente de la Diputación de Pontevedra anima a estudiantes de Erasmus a volver con «más conocimiento y fuerza»

    03 de Jul, 2025
    Orden de búsqueda para la educadora condenada en Vigo por abuso sexual a una menor
    Sucesos

    Orden de búsqueda para la educadora condenada en Vigo por abuso sexual a una menor

    03 de Jul, 2025
    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    03 de Jul, 2025
    Caos de tráfico en Samil (a 32 grados) por los cortes del Rally Rías Baixas: estas son las restricciones en Vigo
    Local

    Caos de tráfico en Samil (a 32 grados) por los cortes del Rally Rías Baixas: estas son las restricciones en Vigo

    03 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Galerías Viguesas olvidadas
    Más Vigo

    Galerías Viguesas olvidadas

    Estas galerías comerciales que llevan el nombre de Centro Comercial están ubicadas en el número 5 de la Rúa Marqués...

    por Julio Alonso
    03 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR