• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 6 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    En marcha en Vigo as actividades para celebrar o Día das Letras Galegas

    Xa se pode visitar na Biblioteca Juan Compañel dúas mostras bibliográficas para "difundir a nosa cultura e celebrar efemérides que nos serven para poñer en valor a nosa identidade"
    Redacción por Redacción
    08 de May, 2025
    en Cultura
    0
    Estos fueron los libros más demandados en 2022 en la Rede de Bibliotecas de Galicia

    Exterior de la biblioteca Juan Compañel de Vigo.

    A Xunta de Galicia programa máis de 60 actividades para celebrar o Día das Letras Galegas -conmemorado o vindeiro 17 de maio- nas bibliotecas públicas xestionadas polo Goberno galego e expandidas polas catro provincias.

    Así o destacou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, que presentou as distintas iniciativas que se van desenvolver nos vindeiros días nestes sete centros e no servizo de bibliotecas móbiles, a través dos cales, puntualizou, “atopamos a mellor das vías para chegar a todo tipo de público e ofrecerlles propostas variadas co obxectivo de achegarnos ao significado da celebración das Letras e á figura das homenaxeadas este ano, as cantareiras”.

    Deste xeito, durante o acto celebrado na Biblioteca Pública Juan Compañel, en Vigo,  onde estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o representante da Xunta fixo fincapé no papel destes espazos “á hora de difundir a nosa cultura e celebrar efemérides que nos serven para poñer en valor a nosa identidade e as persoas que axudaron a construíla e preservala, como son as mulleres transmisoras da nosa tradición oral”.

    Neste senso, incidiu en que “o mellor xeito de recoñecer ás cantareiras como as artífices da conservación dun legado tan importante como é a poesía popular é traballando coa cativada a través de obradoiros e contacontos ou ofrecendo ao público adulto concertos e mostras bibliográficas que repasan a nosa historia”. Así, López Campos resaltou que con este conxunto de iniciativas “achegámonos ao noso cancioneiro e ás mulleres que nos recordan que nas cantigas populares tamén está a riqueza da nosas letras e da nosa lingua”.

    Ademais, lembrou, esta programación nas bibliotecas públicas enmárcase nun “plan máis amplo no que o Goberno galego colabora con centros educativos, institucións e entidades no desenvolvemento de distintas accións, tanto en Galicia como no exterior».

    Tal e como expuxo o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, na propia biblioteca viguesa xa se poden visitar desde o pasado luns, e ata o 31 de maio, dúas mostras bibliográficas acompañadas de paneis explicativos: A música tradicional galega, na sala infantil para un público familiar, e Galicia e a tradición oral, dirixida ao público en xeral. Dúas propostas que se completan coa sesión de narración oral e música Unha noite no muíño, de Felipe Caxoto, e un concerto de Francisco Castro que repasa a poesía galega musicada desde os anos 60. Os dous terán lugar o venres día 16.

    En Pontevedra

    Pola súa banda, a Biblioteca Pública de Pontevedra José Odriozola ten programada, desde o 12 ao 25 de maio, a exposición bibliográfica Cantareiras e o cancioneiro popular galego, así como un concerto do grupo de Meis Cantareiras Madialeva que interepretarán o 10 de maio unha escolma de cantigas populares e poemas musicados. Ademais, a cativada poderá gozar dunha tarde de contacontos o día 16 a cargo de Polo Correo do Vento, e o día 23 con Raquel Queizás.

    A Coruña

    Os equipamentos que xestiona a Xunta na provincia da Coruña tamén ofrecen actividades moi variadas.  En Santiago, a Biblioteca de Galicia propón unha exposición que baixo o título Tesoureiras do noso reivindica a figura das mulleres que salvagardaron a cultura popular recompilando materiais audiovisuais coa recolleita de coplas, fotografías ou recortes de prensa. Xunto coa mostra, tamén se organiza o 16 de maio un concerto do dúo folk formado por Marina Carpente e Claudia Abril, mentres que o 24 volve a música co proxecto Canta compañeira canta de Felisa Segade e Merchi Rodríguez. Por outra banda, os máis pequenos poderán achegarse ás Letras a través de dous obradoiros: o día 25 co taller musical Desde Rosalía ás cantareiras e o 7 de xuño con Diorama. Fai a túa caixa-conto das cantareiras.

    Tamén en Santiago, na Biblioteca Pública Ánxel Casal preséntase ao longo do mes de maio a mostra infantil Por que non hei de cantare cun percorrido pola transmisión oral da literatura popular. Así mesmo, as persoas desde os 14 anos poden participar o día  12  no obradoiro Sen cantareiras non hai foliada da man de Montse Rivera e o 16 no roteiro O Día das Letras Galegas e Compostela, que repasa a historia da efeméride prestando especial atención á súa relación con Santiago. Completan a programación o día 16 o  espectáculo Desde Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras e o 24 a sesión de contacontos Carme, a cantareira da aldea da man de Andamiaxe.

    Xa na cidade da Coruña, a Biblioteca Pública Miguel Ángel Garcés fai unha selección de libros e música na mostra Cancioneiro Popular Galego que xa se pode visitar ata xuño. Por outro lado, rende homenaxe ás Letras a través dos contacontos Cantaruxa Catuxa o día 10 ou o concerto musical para público familiar As nosas letras, as nosas cantigas que se celebrará o día 15 a cargo do grupo Argallo da Asociación Cultural Xacarandaina. As persoas adultas tamén teñen a opción de participar no obradoiro Bordado Literario o 21 e 22, mentres que á cativada agárdalle a proposta de artes escénicas Caderno de cores e cancións o venres día 9. Ademais, o día 14 preséntase un libro canda unha charla divulgativa baixo o título Tradición oral recuperada das tebras. Son contos ou historia?, de Severino Fernández Abel.

    Lugo

    No que respecta á provincia de Lugo, a Biblioteca Pública da cidade ten previsto inaugurar o vindeiro día 13 a exposición derivada do concurso escolar convocado desde a Secretaría Xeral da Lingua e na que se poderán ver os dous traballos gañadores: Cantareiras: poesía popular oral, do colexio Celso Emilio Ferreiro de Cerceda, na Coruña, e Canta que cadramos ben, do Instituto Castelao, en Vigo. Tamén será protagonista a música cun concerto do Coro Xuvenil de Lugo o 16 de maio.

    Por outro lado, o servizo de bibliotecas móbiles tampouco faltará á cita coas Letras Galegas, de maneira que A Furgoteca levará durante o mes de maio aos concellos lucenses de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela, o xogo O Pasapalabra das Letras Galegas: as cantareiras e a poesía popular oral.

    Ourense

    Na cidade de Ourense, a programación da Biblioteca Pública Nós abrangue unha exposición centrada nas fotografías do certame Romaría Etnográfica Raigame que se celebra cada ano na parroquia de Vilanova dos Infantes, no concello de Celanova, e que poderá visitarse no centro xunto con outra mostra dirixida á cativada, LETRAS… Galegas. Panorama de narrativa infantil galega.

    Ademais, tamén propoñen para o 16 de maio un roteiro por Ourense explorando a rica tradición musical galega, así como unha charla-obradoiro para o día 20, A tradición de cantar: A voz das mulleres como ferramenta expresiva, con Cristina Asenjo e Lucía da Fonte. Para o 23 organízanse actividades para nenos e nenas co programa Letras que cantan  a cargo de Sabela Gago e o 24 terá lugar o concerto didáctico sobre a música tradicional Troupelear e o Proxecto Consonante con Blanca Villares e Pablo Pintor.

    A estas iniciativas hai que engadir as que propoñen as dúas rutas de A Furgoteca na provincia. Así, na liña que percorre os municipios de Ourense Sur (Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, Oímbra, Trasmiras e Vilardevós) a cativada pode participar nos obradoiros Miña nai, miña naiciña, coa elaboración de marcapáxinas centrados nas nais e nas mulleres das Letras, e Que me cantas? , con xogos baseados no cancioneiro popular.

    Pola súa banda, a biblioteca móbil de Ourense Occcidental (Rairiz de Veiga, Porqueira, Sarreaus, Sandiás, Muíños, Lobeira, Padrenda, Ramirás, Quintela de Leirado, Verea) ofrece ao longo do mes de maio un amplo abano de propostas, ata 16, que van desde obradoiros sobre coplas e actividades artísticas e musicais ata xogos e adiviñanzas.

    Presentación de las actividades. / Fotos: Xunta

    43

    Tags: bibliotecaDía das Letras GalegasGaliciaJuan CompañelVigoXunta

    RelacionadosArtículos

    La Romaría do Pan de Millo llena Cabral de sabor y tradición
    Gastronomía

    Guía de fiestas gastronómicas en Vigo para julio y agosto de 2025: sardinas, pulpo, mejillones y más

    05 de Jul, 2025
    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros
    Viajes

    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros

    05 de Jul, 2025
    Reabierto el carril de la A-55 cerrado por el derrumbe de un talud en Puxeiros
    Local

    Caballero, a las constructoras que piden peaje en las autovías: «Que estén calladas y se dediquen a construir»

    04 de Jul, 2025
    Marítima

    Vigo da luz verde a las obras de la primera estación de servicio de hidrógeno verde de Galicia

    04 de Jul, 2025
    Caballero niega un bloqueo a la Xunta en Vigo: «Pueden invertir de forma inmediata 35 millones en colegios»
    Local

    Caballero niega un bloqueo a la Xunta en Vigo: «Pueden invertir de forma inmediata 35 millones en colegios»

    04 de Jul, 2025
    Un astillero de Vigo afronta el reto de construir un velero «único en el mundo»
    Marítima

    Un astillero de Vigo afronta el reto de construir un velero «único en el mundo»

    04 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR