En 1965, o xeneral Suharto chegou ao poder en Indonesia pola vía do golpe de estado. Como consecuencia da represión que seguiou á súa proclamación como dictador dous millóns e medio de comunistas -reais ou inventandos-, foron vítimas dos escuadróns da morte indonesios entre 1965 e 1966. En 2012 o semidescoñecido director Joshua Oppenheimer, apadrinado por Werner Herzog e Errol Morris propúsolle a dous dos matarifes máis célebres da época -Anwar Congo e Herman Koto-, participaren nunha película na cal ían recrear os seus crimes: torturas, violacións e asasinatos en masa. Estes aceptaron encantados. O resultado é este filme: dúas horas de descenso ao mesmo corazón do mal da man de dous guías entronizados como heroes no seu país, non só incapaces de amosar arrepentimento, culpabilidade ou remordementos, senón autoconvencidos da gloria da súa “cruzada”.