Como gran novidade deste ano, Reencanto Produccións abre este xoves as bases para concorrer ao certame. Así, tódolos cineastas ou produtoras que queiran enviar os seus proxectos poderán facelo inscribíndose na web do festival dende o 19 de xullo e ata o 17 de setembro.
Poderán optar á exhibición e participación a concurso as obras audiovisuais nacionais e internacionais de ficción, non ficción, animación, terror, cine fantástico ou calquera traballo que polos seus contidos ou tratamento estético poida ser denominado friki ou serie B.
Deste xeito, no festival proxectaranse pezas audiovisuais galegas, pero tamén foráneas, consolidándose así o carácter internacional do evento.
Novidades
O Galician Freaky Film Festival contará este ano non só cunha exhibición de traballos tanto nacionais como internacionais, senón que tamén se seleccionarán as mellores pezas audiovisuais e serán premiadas dentro do festival mediante un xurado popular.
Doutra banda o evento estreará unha nova categoría que na que se exhibirán diferentes microcurtas frikis feitas co teléfono móbil.
Na pasada edición do festival, preto dun millar de persoas participaron nas actividades promovidas pola organización e tivo unha gran repercusión no colectivo freaky e underground galego.