• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 6 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Trueba, Gracia Querejeta e Burning encabezan o día da entrega de premios en Cans

    Este sábado desvelarase o palmarés do festival de Cans e proxectaranse as diferentes sesións de curtas a concurso
    Redacción por Redacción
    25 de May, 2018
    en Cine
    0
    Trueba, Gracia Querejeta e Burning encabezan o día da entrega de premios en Cans

    Ademais do filme gañador en cada unha destas categorías, premiaranse as mellores interpretacións masculina e feminina, a mellor realización, o mellor guion, a mellor banda sonora, o premio do público e o premio do xurado dos veciños. Estes galardóns uniranse ao que se coñeceu onte: ‘Omertá’, de Gero Costas para BALA, foi a peza premiada polo xurado de videoclips.

    Ao remate da gala os míticos rockeiros madrileños Burning serán os encargados de poñer o broche de ouro ao festival co seu repertorio cheo de clásicos, pechando un día que ten tamén como momentos moi esperados os Coloquios na Leira con Fernando Trueba (ás 12.00 horas) e Gracia Querejeta (ás 17.00 horas).

    Por primeiro ano esta sección está presente en Cans por partida dobre, dando ao público a oportunidade de escoitar as experiencias e opinións destas dúas grandes figuras do cine español. Ambos cineastas colocarán tamén a súa estrela no Torreiro ao remate dos seus coloquios.

    Este equilibrio entre o cinema e a música mantense no resto do programa do día, especialmente nos dous eventos que a unen no Invernadoiro de Mucha do Peso. Kevin Weatherill, líder dos históricos Immaculate Fools, actuará alí despois de participar na presentación dun avance de ‘Kevin vs Ray’, o documental sobre a súa vida que prepararan os galegos Eduardo Herrero e Manuel Lemos.

    Tamén terá lugar no Invernadoiro a proxección da primeira retrospectiva de videoclips de Rubén Domínguez, figura esencial do underground galego recente, que dará un concerto con Pantis, o seu proxecto de pop electrónico. O programa musical complétase co folk das Tanxugueiras, o rock and roll de Familia Caamagno, o soul de autor de Pardo ou a electrónica vocal de MounQup, ademais das actuacións da Banda de Música de Rubiós e a Charanga Nova Jomada, ou as Sesións Discochimpín para continuar a festa, a cargo dos DJs Rafa Morcego e Edu Romero. Sen esquecer o xa clásico roteiro musical CanSonoro que Xurxo Souto conducirá á mañá polos camiños da aldea, acompañado polos acordeonistas Acordecans.

    Pola outra banda, na parte cinematográfica destaca a estrea, tamén no Invernadoiro, de ‘Sevilla y Gomorra’, a opera prima de Ángel Filgueira. Este cineasta redondelán presenta un filme de espírito xuvenil, resultado do intento de capturar a estrañeza da Sevilla que coñeceu como estudante de intercambio e as reflexións dos «filósofos borrachos» que alí atopou.

    Non será a única sesión de audiovisual fóra de concurso do sábado: ás 10.30 horas o Jalpón de Alicia acollerá ‘Contra o lume’, unha proxección de pezas audiovisuais realizadas arredor do desastre ambiental que supoñen os incendios e coa que se pretende provocar unha reflexión crítica permanente sobre o futuro do noso territorio.

    Tamén terá lugar no Jalpón de Alicia, ás 20.30 horas, ExtraCans, a sesión de curtas internacionais con vínculos profesionais a Galicia, que achega a Cans curtas de cineastas de Brasil, Italia ou Líbano.

    MiniCans celebra tamén o seu día grande
    Unha das apostas máis fortes do Festival de Cans para esta edición deuse na programación infantil, co MiniCans máis completo da súa historia. O entorno do Parque do Río conta con postos de comida e parque infantil para facilitar o desfrute continuo da rapazada, que poderá tamén participar en actividades do máis diverso, todas arredor do cinema. Haberá maxia co espectáculo O cinemagomago, onde o Mago Paco elabora os seus trucos partindo de secuencias de cine.

    Haberá música co tamén máxico theremin de Paulo Nimoy, que en Therefilme poñerá banda sonora en directo a diferentes imaxes para explicar a relación entre o sonoro e o visual. Tamén ‘Unha vida de cine’, un contacontos ilustrado sobre María Casares de Polo Correo do Vento. Durante toda a tarde, ademais, estará aparcada en Cans A Caixiña dos Mistos, unha caravana adaptada e pensada para ofrecer a nenos e nenas a súa primeira experiencia de cine, en paralelo a un obradoiro de curtametraxes impartido por Mr. Misto.

    Completan o programa infantil de Cans dous dos grandes protagonistas do festival: Chelo Loureiro e Magín Blanco. Ás 20.30 horas verase no Cuberto de Antonio unha sesión de curtas producidas pola homenaxeada co Premio Pedigree nesta edición do Festival, que ten como parte fundamental do seu traballo obras para nenos e nenas celebradas pola súa calidade.

    É algo común ao traballo de Magín Blanco, que nos últimos quince anos foi centrando a súa carreira no público familiar. Ás 13.00 horas poderase gozar dun concerto e unha retrospectiva de vídeos do autor de ‘Cans & Cadelas’, a canción oficial desta edición do Festival, que sonará tamén por primeira vez en directo en Cans.

    43

    RelacionadosArtículos

    Descubriendo la Gran Manzana : Los sitios turísticos imprescindibles de Nueva York
    Viajes

    Descubriendo la Gran Manzana : Los sitios turísticos imprescindibles de Nueva York

    06 de Jul, 2025
    171018 Incendios Chandebrito Estudio
    Nigrán

    Un incendio en Chandebrito revive los recuerdos de la tragedia de 2017

    05 de Jul, 2025
    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica
    Música

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica

    05 de Jul, 2025
    Rallye Rías Baixas al rojo vivo
    Motor

    Rallye Rías Baixas al rojo vivo

    05 de Jul, 2025
    La Romaría do Pan de Millo llena Cabral de sabor y tradición
    Gastronomía

    Guía de fiestas gastronómicas en Vigo para julio y agosto de 2025: sardinas, pulpo, mejillones y más

    05 de Jul, 2025
    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros
    Viajes

    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros

    05 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR