A cinta relata a vida de David Helfgott, un neno prodixio. Marcado pola relación que tivo co seu pai, Helfgott consegue abrir unha vía de escape co seu ingreso na prestixiosa Royal College of Music de Londres. Pero só o amor dunha muller pode salvalo dos seus desequilibros psicolóxicos e poder gozar definitivamente da súa paixón: a música.
A película está interpretada, ademais de por Geoffrey Rush, por Armin Mueller-Stahl, John Gielgud, Noah Taylor e Lynn Redgrave. Está dirixida por Scott Hicks.
Presentarán a película e moderarán o coloquio posterior os profesores do Centro de Linguas, Keith Payne e Jeff Beasley.
CICLO CINE E LINGUA Shine (Scott Hicks, 1996) Data: 16 de novembro Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo. |