O audiovisual fai referencia ao famoso episodio radiofónico ‘A Guerra dos Mundos’, emitido a noite do 30 de outubro de 1938 no que Orson Welles narraba unha invasión extraterrestre inspirándose na novela homónima de H.G. Wells. Os oíntes que non escoitaron a introdución do programa pensaron que era unha nova real, provocando o pánico entre a poboación de Nova Iorque. A comisaría de policía e as redaccións dos xornais bloqueáronse ante a repercusión do programa de radio. Ao día seguinte Welles pediu desculpas pola broma que fixera coincidindo con Halloween.
Ademais do episodio de radio, ‘F for Fake’ conta unha trama sobre o fraude e as falsificacións centrada na figura de Elmyer de Hory e o seu biógrafo, Clifford Irving, autor tamén da fraudulenta biografía de Howard Hughes.
O documental coa que arranca esta edición do ciclo Cine e Lingua, a pesar de estar rodada hai case 50 anos, está moi conectado coas chamadas ‘fake news’ que forman parte da sociedade actual e a súa propagación polas redes sociais.
O profesor do Centro de Linguas da Uvigo, Keith Payne, será o encargado de presentar as películas e moderar o coloquio posterior. A actividade comezará ás 20.00 horas no edificio Cambón, situado na rúa Oliva, 3. A entrada é gratuíta ata completar aforo.