Caballero eloxiou este ciclo pola súa «dobre dimensión»: por un lado presenta un contido cinematográfico «serio, ben deseñado e atractivo» e en segundo lugar pon de manifestou a recuperación do casco vello alto. O alcalde animou á cidadanía a sumarse ás exhibicións e redescubrir unha «zona excepcional» desde unha perspectiva comercial pero tamén «productora de cultura».
O ciclo de cinema ao aire libre «Emerxencias» está organizado pola Asociación Casco Vello Alto coa colaboración do Concello de Vigo, e programa proxeccións cada xoves, desde mañá 20 de agosto ata o próximo 24 de setembro, ambos incluídos, ás 22 horas na praza que conforman as rúas San Sebastián con Ferrería.
Segundo explicaron os directores do ciclo durante a rolda de prensa, a programación está conformada sobre cinco áreas temáticas: nova animación en televisión, desmontando a mentira oficial, cine colectivo en Galicia, explorar o pasado e webseries.
Programación (tamén no cartel adxunto) :
20 de agosto. «Ciutat Morta»
27 de agosto. «Canfaina Lab E Proxecto Nimbos»
3 de setembro. «Rick And Morty vs Hora de Aventuras»
10 de setembro. «The Act of Killing»
17 de setembro. «Terra de Ninguèm»
24 de setembro. «Venga Monjas»