• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 8 de febrero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • cine

    «La felicidad de los perros», premio á mellor longa galega do Primavera do Cine

    "Chuva é cantoria na aldeia dos mortos", de João Salaviza e Renée Nader Messora, gaña o premio á mellor longa lusófona
    Redacción por Redacción
    06 de May, 2019
    en Cine
    0
    «La felicidad de los perros», premio á mellor longa galega do Primavera do Cine
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A gala final comezou ás 19.00 no Auditorio do Concello cunha interpretación musical de Senza, unha banda portuguesa de Aveiro formada por Catarina Duarte e Nuno Caldeira que inspira as súas melodías nas viaxes que fan ao redor do mundo, para deixar paso a actriz galega Bea Campos, quen presentou a velada e puxo o toque de humor.

    Antes de entregar os primeiros galardóns, feitos polo artista Íñigo Almeida, a presentadora e actriz fixo un pequeno resumo do que deu de si a oitava edición do Primavera do Cine, que este ano proxectou máis de 75 pezas audiovisuais de Galicia e dos países lusófonos. Así, Bea Campos lembrou tamén a gran calidade das obras que se puideron ver no certame, premiadas e seleccionadas nos mellores festivais do mundo.

    A presentadora tampouco se esqueceu do resto das actos que se levaron a cabo no festival, dende Cine Miúdo, evento ao que acudiron máis de 800 nenos, ata Cine nos Barrios pasando pola charla de interpretación de Morris, ou o fin de festa grazas ao concerto de Basanta e a Festa dos Videoclips.

    Por suposto, tamén houbo un oco para lembrar a gran estrea de «La felicidad de los perros», de David Hernández en Vigo, a súa cidade natal, e o éxito absoluto de «La pasión de Juana de Arco» no Conservatorio Superior de Música, un evento cheo de emoción no que nin os músicos nin o público puideron conter as bágoas. Así mesmo, recordou que todos estes actos e proxeccións traducíronse nun incremento da reputación e do recoñecemento do festival e que serviron para afianzar as alianzas cos diferentes axentes culturais de Vigo, Galicia, Portugal e Brasil.

    Os primeiros galardóns en darse a coñecer e feitos polo artista Íñigo Almeida chegaron quince minutos despois de dar comezo o evento e foron o Premio Primavera do Cine á mellor curta lusófona, outorgado a Alison Zago por Narrativas de um crime, un filme que se centra na vida de dous policías de caracteres moi diferentes que teñen que traballar xuntos nunha escena dun crime e o Premio CREA á mellor curta galega onde Fran X. Rodríguez e a súa curta Beautiful Boy, unha historia sobre o consumismo, conseguiron alzarse co galardón. 

    Despois dunha pequena actuación de Senza, tocoulle o turno ao Premio Primavera do Cine ao mellor videoclip, que conseguiu o grupo musical Mileth, grazas a Bruma e salitre, feito por Xaime Miranda. Uns minutos despois daríase a coñecer o Premio Primavera do Cine ao mellor traballo de animación por parte do público. 

    Así, as gañadoras son Mónica Santos e Alice Guimarães por Entre sombras, unha cinta ambientada na cidade de O Porto e feita en imaxe real, pero rodada en stop motion. Nela nárrase a aventura de Natalia, unha muller atrapada nun traballo monótono, e a súa procura por atopa un corazón roubado. Ademais, nun mundo onde os corazóns poden depositarse nos bancos, tamén terá que decidir se deixa o seu nun deles ou pola contra, opta por gardalo para si mesma.

    Xa no ecuador da gala de clausura desta oitava edición do Primavera do Cine e como conmemoración da irmandade Galego-Lusófona no Día da Lingua Portuguesa os asistentes gozaron dunha pequena interpretación teatral do grupo de teatro Amador do Instituto Camões que serviría coma introdución ao que viría a continuación: a proxección da curta O meu poeta, de Hugo Portela Larisch, que afonda no sentimento de saudade a través da música, a poesía e as lembranzas familiares.

    Xa a piques de rematar a noite, o xurado profesional composto polo guionista e cineasta Alexandre Cancelo, a actriz e docente de interpretación Lola Correa, o crítico, programador e profesor de guión da Universidade de Vigo José Manuel López e Anabel G. Penín, quen formou parte da directiva do Cineclube Lumière e foi responsable da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo durante oito anos outorgaron os premios á mellor longa lusófona e á mellor longa galega, así coma unha mención especial no apartado de longas lusófonas.

    Deste xeito, Lola Correa e José Manuel López subiron ao escenario e déronlle o Premio do Xurado Primavera do Cine á mellor longa lusófona a Alva, de Ico Costa, filme que que conta a historia dun crime e de como o seu protagonista decide agocharse nun bosque, por «transmitir sen concesións a complexidade do comportamento humano. Pola súa capacidade para narrar subvertindo as formas clásicas do relato cinematográfico. Alva é unha aposta polos límites da expresión artística que xoga con mestría co son e a contención dramática para crear unha experiencia artística única e reveladora». 

    Ademais, tamén se entrega unha Mención Especial do Xurado a Deslembro, de Flávia F. Castro «pola súa capacidade para amosar os espazos interiores dunha familia e a súa sensibilidade exquisita para retratar o paso á madurez e a memoria persoal e colectiva». 

    Doutra banda, o Premio do Xurado Primavera do Cine á mellor longa galega foi outorgado por Anabel G. Penín e Alexandre Cancelo a La felicidad de los perros, de David Hernández pola «súa forza expresiva, o seu manexo do tempo e a calidade da súa aposta dramática. Por facer do cinema unha experiencia colectiva e a súa capacidade para aunar talentos nun proxecto honesto de grande ambición artística. La felicidad de los perros encarna os valores de compromiso social, ético e estético que defende o festival Primavera do Cine». 

    O tan ansiado Premio do Público Primavera do Cine á mellor longa lusa foi para Chuva é cantoria na aldeia dos mortos, de João Salaviza e Renée Nader Messora, un filme que explora a vida dun mozo, Ihjãc, pertencente a unha tribo indíxena do norte do Brasil e de como escapa a cidade para fuxir do seu destino de converterse en chamán. 

    Xa o Premio do Público Primavera do Cine á mellor longa galega recaeu en La felicidad de los perros, de David Hernández, facendo así dobrete nesta oitava edición do Primavera do Cine. Trátase dun filme que narra a vida de César, home casado de 40 anos e con unha filla que se queda sen traballo. A cinta ten como transfondo a crise económica e relata o complicado que é ter proxectos de vida e que, sen dúbida, cautivou tanto o público coma o xurado profesional.

    Finalmente, o director do festival, Juan de Castro pechou a gala cun discurso final. Nel quixo destacar que a oitava edición do Primavera do Cine «foi unha edición marabillosa no que os filmes da sección oficial gustaron moitísimo» e continuou dicindo que, pese as carencias «nunca tan pouco e con tan pouco fixeron un gran programa coma o deste ano»

    Juan de Castro recordou tamén que grazas a esta edición «fortalécéronse as alianzas con múltiples entidades galegas e estranxeiras» e que este foi, sen dúbida «o mellor festival de cine que tivo a cidade».

    RelacionadosArtículos

    Alumnado e académicas da UVigo fornecen a colección ‘Feminismos’ de Galaxia con seis novos volumes
    Local

    Alumnado e académicas da UVigo fornecen a colección ‘Feminismos’ de Galaxia con seis novos volumes

    08 de Feb, 2023
    Una exposición del fotógrafo de animales Tim Flach llega a Vigo para «tocar los corazones del público»
    Exposiciones

    Una exposición del fotógrafo de animales Tim Flach llega a Vigo para «tocar los corazones del público»

    08 de Feb, 2023
    Travesía de Vigo celebra el Carnaval con fiesta infantil, concurso de disfraces, photocall y homenaje a ‘Grease’
    Local

    Travesía de Vigo celebra el Carnaval con fiesta infantil, concurso de disfraces, photocall y homenaje a ‘Grease’

    08 de Feb, 2023
    Un bombero se lesiona durante la extinción de un incendio en el colegio O Pelouro de Tui
    Tui

    Un bombero se lesiona durante la extinción de un incendio en el colegio O Pelouro de Tui

    08 de Feb, 2023
    El arte de Villalobos en el Concello de Vigo
    Más Vigo

    El arte de Villalobos en el Concello de Vigo

    08 de Feb, 2023
    Letrados judiciales se concentran en Vigo para exigir al Gobierno que negocie para poner fin a la huelga
    Sucesos

    Letrados judiciales se concentran en Vigo para exigir al Gobierno que negocie para poner fin a la huelga

    08 de Feb, 2023

    Más Vistos

    Acuerdo para humanizar 7,4 kilómetros de frente portuario de Vigo con un paseo y carril bici

    Adiós al último giro a la izquierda en la Avenida de Beiramar de Vigo

    por Redacción
    03 de Feb, 2023
    0

    Abre en Vigo una tienda de moda japonesa kawaii que organiza ‘Maid café’ y eventos: “No son disfraces”

    Abre en Vigo una tienda de moda japonesa kawaii que organiza ‘Maid café’ y eventos: “No son disfraces”

    por Raquel F. Novoa
    04 de Feb, 2023
    0

    La nueva Rúa do Talude

    La nueva Rúa do Talude

    por Julio Alonso
    06 de Feb, 2023
    0

    Luz verde al lavado de cara del entorno de Balaídos, con nueva explanada y ‘photocall’

    Luz verde al lavado de cara del entorno de Balaídos, con nueva explanada y ‘photocall’

    por Redacción
    01 de Feb, 2023
    0

    JD Sports desembarca en el Centro Comercial Gran Vía de Vigo con su local más grande de la provincia

    por Redacción
    07 de Feb, 2023
    0
    JD Sports desembarca en el Centro Comercial Gran Vía de Vigo con su local más grande de la provincia
    Local

    El Centro Comercial Gran Vía de Vigo contará de forma inminente con una de las marcas de ropa y calzado

    Leer mas

    La VI Merdeirada Cativa de Vigo bate récord de participación en el Carnaval 2023: horarios y actividades

    por Redacción
    07 de Feb, 2023
    0
    La VI Merdeirada Cativa de Vigo bate récord de participación en el Carnaval 2023: horarios y actividades
    Local

    El próximo sábado 11 de febrero la rebeldía del Merdeiro dará el pistoletazo de salida al Carnaval 2023 y lo

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR