A poxa está dividida en diferentes apartados. No apartado de cinema poderemos poxar polos carteis asinados das películas «O home das mil caras» e «Mulleres ao bordo dun ataque de nervios», entre outros. Poderanse adquirir diferentes películas asinadas («O Bóla», «A nena dos teus ollos»), guións de películas como «A lingua das bolboretas», «Thewalk» ou os best-sellers «No culpes ao karma do que che pasa por imbéci»l e «A moza do tren tamén asinados». Pero o produto estrela sen dúbida neste apartado son dous cartafoles que inclúen tres láminas cada unha dos debuxos que se utilizaron nos títulos de crédito dos «Outros». Trátase de láminas numeradas dunha serie limitada.
No apartado musical póxanse, entre outros, dous discos do último traballo de Sés asinados, tamén dous de Caxade e un libro coa historia do mítico grupo Berrogüeto asinado por todos os seus compoñentes.
No ámbito televisivo, son varias as posibilidades: o póster de Son Goku asinado polo seu doblador da TVG, o guión do primeiro capítulo de «Velvet», a serie «O Príncipe asinada».
Así mesmo, tamén outras personalidades da cultura galega han querido colaborar e é por isto que os alumnos poñen a disposición da poxa, dous libros asinados e con viñetas exclusivas de Dávila. Carlos Portela rubrica para a poxa a súa novela gráfica «A conta atrás». E Carlos Núñez estampou a súa firma nunha tinwhistle e o lutier Jandro Barciela colaborou cunha requinta da súa autoría.
A poxa comezará ás 20.30 horas no Café Vitruvia (Praza de Compostela, 4) e a asistencia é gratuíta. Trátase dunha boa oportunidade para facerse cun agasallo exclusivo e personalizado para este Nadal.