Segundo informou o 112, o sinistro tivo lugar esta tarde no concello pontevedrés de Nigrán, na PO-552, á altura da rotonda de San Mamede de Priegue. O 112 Galicia tivo constancia do accidente minutos despois das 17:00 horas de este mércores.
Decontado, o persoal do CAE 112 Galicia informou ao GES do Val Miñor e á Garda Civil de Tráfico. O accidente aconteceu cando o autobús trasladaba ata Gondomar a 40 alumnos do colexio Ángel de la Guarda de Nigrán. Ningún dos escolares –de entre 12 e 15 anos- suriu danos.
A única persoa que resultou ferida viaxaba no outro coche implicado na colisión. Os rapaces foron trasladados ao seu destino noutro autocar. O 112 Galicia tamén informou á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para proceder á limpeza da estrada.