Así, desde as 16.00 horas os Reis Magos de Oriente estarán na Ramallosa, onde un grupo de animación de “Festa Escénica” (encargados de elaborar as carrozas) e a rondalla de Parada animarán o inicio da cabalgata. Xa ás 17.00 partirá cara á Praza do Concello despois dunha gran tirada de globos de helio entre Damas Apostólicas e Romana Alta, no seu percorrido pasarán por Praia América (Rúa Vista ao Mar, 17.30 horas), Panxón (Pavillón e rúa Mariñeiro, 17.45 horas), seguirá pola Avenida Val Miñor e entrará ás 19.00 horas na Praza do Concello.
As persoas que esperen alí a súa chegada gozarán da actuación de diferentes grupos de baile da escola Bambú desde as 18.00 horas. As súas maxestades serán recibidos cun gran espectáculo circense da “Festa Escénica” e despois dispoñeranse a recibir as peticións de última hora dos máis pequenos na mesma praza. En caso de choiva todas as actividades serán trasladadas ao Pavillón Municipal.