O plan enmárcase na posta a punto do treito do Camiño de Santiago que pasa polo municipio, incluíndo o pintado da sinalización oficial.
En total, foron trocadas catro pasarelas que se atopaban en mal estado e que resultaban demasiado estreitas, dificultando con elo a accesibilidade.
Os operarios municipais fabricaron outras máis anchas empregando a madeira retirada recentemente do acceso peonil de Praia América -o cambio no sistema dunar facía inútil esta infraestrutura-. Ademais, tamén repararon a ponte, que estaba xa moi virada.