A instalación de varandas nas rúas Rosalía de Castro (fronte o Concello), Manuel Alonso, paseo de Panxón e Praia América contou cun orzamento de 5.000 euros. «É algo moi básico que se pediu dende o grupo de traballo de ‘Un Nigrán para todos’ porque beneficia a nenos, anciáns e todas aquelas persoas con problemas de equilibrio ou que precisan sentirse seguras ante un desnivel ou escaleiras», explica o alcalde, Juan González.
Por outra banda, o Concello apostou no centro polo pintado de aparcamentos en espiga ou en batería “marcha atrás”, o que supón unha mellora da seguridade ao eliminar ángulos mortos de visibilidade e saír no sentido da marcha. Ademáis, evita os accidentes leves que se producen máis frecuentemente ao sair marcha atrás e aforra un 10% de superficie por praza. Con este sistema, nunha única maniobra o vehículo emprega un ancho de praza menor ao estacionar marcha atrás, pois ten un radio de xiro e unha marxe de movemento maior. Por outra banda, o aparcamento en espiga tamén facilita a carga/descarga, á vez que reduce o número de atropelos, e reduce a velocidade de circulación.