Os participantes tiñan que donar un kilo de alimenton imperecedoiros e chegouse á cifra dunha tonelada (1.000 quilos). En total, participaron no evento uns 500 deportistas. A xornada comezou cunha marcha en bicicleta de montaña e cun torneo de baloncesto. Tamén se celebrou unha andaina e unha carreira popular que estaba dividida nunha proba para adultos e outras, de menos percorrido, para nenos. Unha travesía a nado supuxo o final da xornada deportiva e solidaria. Os participantes puideron gozar dunha chocolatada acompañada por diversos alimentos para recuperar forzas.