Concretamente, a actuación a levar a cabo será unha senda mixta que conta cunha lonxitude de 3,7 quilómetros entre os p.q. 17+650 e 21+360 da PO-340 Gondomar-Ramallosa. O obxecto da actuación é a construción desta senda nunha das marxes da estrada, na esquerda, que permita comunicar ambos núcleos de poboación e que dará continuidade ao eixe Vigo-Baiona. O orzamento base de licitación estimado e que se contempla no proxecto supera os 1,2 millóns de euros, sen IVE. A partires de agora procederase á fase de información pública para licitar a obra o antes posible sendo o prazo de execución de obra de 9 meses. Coma valoraron os representantes da Administración autonómica, “esta iniciativa busca que os veciños e veciñas poidan ter, canto antes, sendas integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais”.
Características técnicas
Segundo explicou o director do proxecto, a sección tipo máis habitual que se contempla na actuación para esta senda é de 2,74 metros de ancho, incluíndo un separador de 0,50 metros mentres que os bordos seleccionados serán de 0,22 metros de ancho. Nalgunhas zonas estritas, o ancho da senda será de 2,02 metros. En canto ao trazado, é coincidente co actual alzado da estrada aínda que a senda se disporá cun pequeno chanzo de 3 centímetros con respecto á cota exterior da calzada.
No que respecta ao firme e pavimentos, se prevé a posta en obra dun pavimento de formigón coloreado, armado cun mallazo de aceiro sobre unha capa de zahorra de 20 cm mentres que os bordos executados in situ serán mediante encofrado deslizante. Optouse por este tipo de pavimento dado que a senda está situada nun entorno urbano e de núcleo rural.
De todos xeitos, no seu momento executarase un tramo de proba previamente á execución definitiva da senda. A cor da senda será “terrizo natural” mentres que no caso dos bordos se empregará cor “cinza”. Ademais, cada 100 metros se plasmará o logotipo corporativo de “Sendas de Galicia”. A actuación se contempla tamén coa reposición da sinalización vertical, marcas viais, balizamento e pasos de peóns. Se prevé o axardinamento do separador vexetal e a revexetación dos terrapléns do movemento de terras necesario.
Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, que na súa primeira fase concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios en 7 comarcas galegas. De feito, na comarca de Vigo se prevé un plan de 11 novas sendas sustentables e seguras na área, que suman un total de 12 quilómetros. Esta actuación entre Gondomar e Ramallosa é unha das máis importante.
Os itinerarios previstos nesta primeira fase son os seguintes: PO-325- Zona Monte Lourido; Gondomar- Ramallosa; Amoedo- Pazos de Borbén; Coruxo- Roteas; A Estea; PO-325- Navia; Atín; Parderrubias; Priegue; Santa Marta; e Paseo Marítimo.
Estes proxectos supoñen beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; as vilas, significando menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio natural, garantindo menos contaminación acústica e mellora da calidade do aire, ao reducir a emisión de gas.