Aproveitando o regreso ás aulas dos escolares, o Concello de Baiona puxo en marcha este luns unha iniciativa para facilitar a mobilidade dos veciños no casco urbano. Situado xunto ao Centro de Saúde, dende o parking do Aral os desprazamentos ato o Concello, a Praza de Abastos, o Xulgado de Paz ou a Biblioteca Municipal poden completarse en apenas cinco minutos.
“Era un medida necesaria para que todos os veciños poidan estacionar sen custe durante o tempo necesario para deixar aos rapaces no colexio ou facer un recado, polo que esperamos que tamén poida beneficiarse o comercio local”, apuntou o alcalde, Ángel Rodal, o mesmo día en que poñía en marcha a medida.
A boa xestión do aparcamento, rescatado polo Concello en maio de 2015, permitiu que agora os baioneses poidan estacionar unha hora gratis de luns a venres (de 07:00 a 23:00 horas) ata o 15 de xuño.
A empresa Sofranda Gestao de Parques renunciara a xestión do parking alegando perdas pero o Concello de Baiona, tras un axuste de tarifas e gastos, logrou no primeiro exercicio completo un beneficio de 60.000 euros.