A goberno local remitiu unha carta de pésame ás dúas familias en nome de toda a Corporación Municipal de Baiona e expresou tamén de forma oficial ao concello de Palos de la Frontera a súa dor pola perda. De forma inmediata o Concello decidiu dedicar a Festa da Arribada 2017 aos dous alcaldes e brindarlles unha homenaxe na próxima edición da que celebrarase entre o 3 e o 5 de marzo.
“Co pasamento de Pilar Pulgar e Urbano Cortegano marchan dúas das persoas que loitaron pola defensa do feito colombino como nexo entre Baiona e Palos, o seu traballo quedará sempre na memoria de todos os veciños e grazas ao seu empeño puido celebrarse o V Centenario do Descubrimento de América”, afirmou o alcalde, Ángel Rodal.
Entre os proxectos levados a cabo no V Centenario do Descubrimento de América atópanse a construción da carabela “La Pinta” e do IES Primeiro de Marzo, o Monumento Encontro entre Dous Mundos, a reforma da Casa do Concello e a praza, así como a compra da Finca Carbajal onde agora existen os xardíns da Casa-Museo da Navegación. O V Centenario foi celebrado en Baiona coa visita dos Reis de España.
Pilar Pulgar morreu o sábado aos 86 anos de idade e pasará a historia de España como a primeira alcaldesa da democracia. Foi deputada provincial, deputada no Congreso, parlamentaria andaluza e presidenta da Comisión de Reglamento na Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa. Rexedora de Palos de la Frontera no primeiro mandato da democracia (1979-1983), repetiu como alcaldesa en dúas ocasións máis (1987-1991 y 1991-1995).
Pola súa banda, Urbano Cortegano, tamén falecido o pasado fin de semana, foi o alcalde que firmou en agosto de 1975 o Irmandamento entre Palos de la Frontera y Baiona, e hasta 1979 se convertiu, xunto co alcalde baionés Celso Carneiro, en un dos principais impulsores do feito colombino.