Dende as doce do mediodía ata as doce da medianoite, catorce bandas de diferentes estilos actuarán en nove escenarios situados en diferentes recunchos da zona vella baionesa, como a Praza do Concello, a Praza do Pai Fernando, a Fonte da Laxe e a Fonte de Zeta, a Praza de Pedro de Castro ou os xardíns da Casa da Navegación.
Bloquinho Aperta iniciará a xornada ás 12:00 horas cun pasarrúas. Despois actuarán Max Gómez Trío, Pacheco Bros, Impresentables, Pequeña Gran Compañía, Wondercovers, DJ Ángel Vaqueiro, La Tribu, Arévalo & Giannetto, La Patrulla, Swing du Monde, Bechuchos, Pa Ti Na Má e Blue Monk. Bloquinho Aperta pechará o evento cuns novo pasarrúas ata as 00:00 horas.