• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 19 de junio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    «A atención telefónica no Sergas agocha a saturación, falta de persoal e listas de espera»

    O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou o centro de saúde da Xunqueira, en Nigrán, que puxo como exemplo das consecuencias dos recortes e a falla de aposta pola sanidade pública do goberno do PP
    Redacción por Redacción
    10 de Sep, 2021
    en Val Miñor
    0
    «A atención telefónica no Sergas agocha a saturación, falta de persoal e listas de espera»

    O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou este venres a Feijóo de empregar a atención telefónica para “intentar agochar a saturación preocupante na atención primaria no noso país”. Así o dixo no transcurso dunha visita ao Centro de Saúde do Val Miñor, en Nigrán xunto co alcalde, Juan González, e os de Baiona, Carlos Gómez, e Gondomar, Paco Ferreira. Caballero referiuse ás cifras feitas públicas onte pola secretaria xeral da Consellería de Sanidade no Parlamento, que respondendo a unha pregunta do Grupo Socialista recoñeceu que só había un 30 por cento de citas presenciais, e o resto eran atendidas por teléfono. O líder dos socialistas galegos sinalou que “non podemos permitir que utilicen a telemedicina para agochar o fracaso da xestión do PP na sanidade pública”.

    Ao derivar a inmensa maioría das citas á vía telefónica, dixo, “agochan os problemas de saturación, de falla de persoal e de listas de espera”. Todo isto despois dun verán no que se evidenciaron esperas de 26 días para a cita co médico de cabeceira en determinadas áreas sanitarias, 18 días máis que antes da covid para quirófano e 8 días máis para especialista na media de Galicia.

    Ademais, explicou que a cidadanía de Galicia necesita e merece ter unha atención presencial acaída, mentres o conselleiro de Sanidade recoñece que “a Xunta nin ten respostas nin ten propostas” e mentres en “cada bisbarra hai un descontento crecente coa sanidade pública”. Neste punto, Gonzalo Caballero acusou ao goberno galego de deixar sen cubrir as xubilacións e as vacacións, mentres incrementan mes a mes a precariedade laboral dos profesionais da sanidade.

    Fronte a iso, comprometeu que o PSdeG será “a barreira de contención fronte aos retrocesos que o PP quere para a sanidade pública galega”, e apelou á batería de propostas plantexadas polos socialistas galegos dende o Parlamento de Galicia, sinaladamente na comisión de reactivación. En concreto, o máximo responsable do PSdeG recordou a petición de habilitar 5.000 novas prazas estables na sanidade pública ao longo da lexislatura, para “escapar” de situacións laborais como as de enfermeiros e enfermeiras “que chegaron a ter 30 contratos nun mesmo mes”.

    En contraposición, Gonzalo Caballero reivindicou o modelo do goberno veciño de Asturias, de “aposta pola sanidade pública e os profesionais sanitarios” fronte a unha Xunta que “busca mecanismos de privatización e precarización”.

    Situación no Val Miñor

    Así o dixo Gonzalo Caballero, acompañado dos deputados Julio Torrado, Leticia Gallego e Noelia Otero, na visita ao centro de saúde da Xunqueira, o que puxo como exemplo das consecuencias dos recortes e a falla de aposta pola sanidade pública do goberno do PP. O Val Miñor, tal e como recordou, ve multiplicada a súa poboación no verán mentres se reducen os servizos sanitarios polas baixas sen cubrir, co que “a cidadanía desta área ten máis dificultades e peores prestacións das que lle corresponden”.

    De feito, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, sinalou que o centro de saúde do Val Miñor tivo que atender á cidadanía, incrementada por un 95 por cento de ocupación turística, con tan só tres dos sete facultativos do centro de saúde pola negativa de Sanidade a cubrir as baixas. Dixo que esta situación “non se lle explicou á cidadanía, e tódolos sanitarios sufriron as consecuencias da mala xestión do PP”.

    Gómez emprazou a establecer un “parapeto” dende o PSdeG e os gobernos socialistas do Val Miñor para “derrogar o modelo do PP que tanto dano estalle a facer á sanidade pública”. Chamou a “apostar de verdade polo público e non por privatizar un servizo que ten que ser un dereito fundamental para tódolos veciños e veciñas”. Pola súa banda, o alcalde de Nigrán, Juan González, puxo o acento no impacto das consultas telefónicas para unha poboación envellecida á que lle está “custando moitísimo achegarse a médicas e enfermeiras”. Apuntou á importancia “fundamental” de recuperar as consultas presenciais, “sobre todo para os nosos maiores”.

    Asemade, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, denunciou a falla de persoal sanitario, así como de ambulancias, no territorio como o que abrangue o eixo Gondomar – Baiona – Nigrán, que pasa de 60.000 habitantes a superar amplamente os 100.000 na época estival. Esta situación precaria, dixo, “estase a prolongar demasiado no tempo”, cun Feijóo que “demostra que non lle preocupa a sanidade, logo de utilizala como estandarte”.

    Tamén acusou ao presidente da Xunta de “utilizar a pandemia para escusar as súas deficiencias” mentres evita “plantarlle cara ao problema”. Ademais, advertiu de que “a telemedicina non funciona” e alertou fronte aos plans do PP para “entrar nunha economía de escala, abaratando a atención sanitaria e xeneralizando a precariedade laboral”.

    43

    Tags: Carlos Gómez PradoGonzalo CaballeroJuan GonzálezPaco Ferreira

    RelacionadosArtículos

    Zona Franca y Gondomar impulsan la fase 2 del polígono de A Pasaxe
    Economía

    Zona Franca y Gondomar impulsan la fase 2 del polígono de A Pasaxe

    17 de Ene, 2025
    El alcalde de Gondomar, indignado, pide ayuda a los vecinos: «Qué cabreo tengo»
    Gondomar

    El alcalde de Gondomar, indignado, pide ayuda a los vecinos: «Qué cabreo tengo»

    11 de Dic, 2024
    O Fondo Galego de Cooperación supervisa os proxectos en Mozambique
    Solidaridad

    O Fondo Galego de Cooperación supervisa os proxectos en Mozambique

    18 de Oct, 2024
    Parte de la barandilla de piedra ha sido robada en el Templo Votivo do Mar de Panxón.
    Nigrán

    Roban un tramo de la barandilla de piedra del Templo Votivo do Mar de Panxón

    31 de May, 2024
    A Deputación quere desbloquear actuacións en estradas que atravesan Gondomar
    Gondomar

    A Deputación quere desbloquear actuacións en estradas que atravesan Gondomar

    10 de May, 2024
    Gonzalo Caballero, propuesto por la asamblea del PSOE de Vigo  como candidato a las europeas
    Local

    Gonzalo Caballero, propuesto por la asamblea del PSOE de Vigo como candidato a las europeas

    18 de Abr, 2024

    ROMPEPAGINAS A – 5

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Arranca el derribo de una vieja casa en Vigo para dar paso a la nueva rotonda y ‘placita’ de Moledo

    Arranca el derribo de una vieja casa en Vigo para dar paso a la nueva rotonda y ‘placita’ de Moledo

    por María Alonso
    16 de Jun, 2025
    0

    El Vitruvia ultima la mudanza a su paraíso soñado: «En Vigo estaremos orgullosos de tener un espacio así»

    El Vitruvia ultima la mudanza a su paraíso soñado: «En Vigo estaremos orgullosos de tener un espacio así»

    por Andrea Mariño
    17 de Jun, 2025
    0

    Una ventana del Concello de Vigo cae sobre una funcionaria: «Estamos cansados de la desidia y del silencio»

    Una ventana del Concello de Vigo cae sobre una funcionaria: «Estamos cansados de la desidia y del silencio»

    por Redacción
    17 de Jun, 2025
    0

    Samil dice adiós a una de sus señas de identidad

    Samil dice adiós a una de sus señas de identidad

    por Redacción
    17 de Jun, 2025
    0

    61

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    El Paseo de Alfonso XII desde el mar
    Más Vigo

    El Paseo de Alfonso XII desde el mar

    Esta es la imagen del Paseo de Alfonso XII desde la ría de Vigo. La acera volada del mirador —-que...

    por Julio Alonso
    18 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La escala en Vigo de Ann Davison, pionera mundial de la vela
    Más Vigo

    La escala en Vigo de Ann Davison, pionera mundial de la vela

    El jueves 19 de junio de 1952 entraba en el puerto de Vigo un barquito con una patrona inglesa a...

    por Eduardo Rolland
    15 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    San Simón, historia de la isla sanadora de la Ría de Vigo
    Más Vigo

    San Simón, historia de la isla sanadora de la Ría de Vigo

    En 1833 se produce en Vigo y comarca una epidemia de cólera morbo asiático. Procedía de Inglaterra donde era un...

    por Fernando Torres Carbajo
    18 de Abr, 2020

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    El RC Celta traspasa a su joya de la corona
    Opinión

    El RC Celta traspasa a su joya de la corona

    La noticia se conoció el pasado fin de semana y cayó como un obús de 155 mm en el seno...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR