As leccións estarán organizadas en nivel A1 (básico para adultos, cunha duración de 60 horas), A2 (nivel intermedio para adultos, cunha duración de 60 horas e proba de nivel requirida) e nivel iniciación para adultos sénior (maiores de 60 anos, cunha duración de 30 horas).
Ademais, para os máis pequenos establécense dúas modalidades: curso de iniciación cunha duración de 30 horas e curso de iniciación para un neno e un adulto cunha duración de 30 horas.
Todos os cursos teñen un carácter práctico e están organizados con actividades e dinámicas grupais que favorecen a aprendizaxe colectiva. Ademais, os alumnos terán a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos, xa que participarán tamén persoas con discapacidade auditiva ao longo dos cursos.
As formacións inícianse no mes de marzo e prolongaranse ata xuño e agosto, en función do nivel do curso elixido. Os participantes recibirán un certificado de asistencia no caso de facer a solicitude. Nos niveis de adultos A1 e A2 os participantes recibirán tamén un diploma acorde aos contidos do curso.
Para tramitar as inscricións, os interesados deben poñerse en contacto a través do enderezo electrónico formacion@organizacionxoga.org , enviando o DNI, nome completo e indicar o curso elixido. As prazas están limitadas a 14 persoas nos cursos para adultos, agás no caso da modalidade onde acoden á clase un adulto e un neno, que hai 20 prazas dispoñibles.