Este peche ao tráfico, dende as 10 ata as 19 horas, responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores. Así, durante estas horas levaranse a cabo a desmontaxe e traslado á zona das instalacións da obra, da lousa do van esquerdo do paso superior ubicado no Pq. 5+810.
Na xornada de hoxe tamén está prevista a realización de voaduras neste treito, á altura do Pq. 4+840.
A autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.