O Concello arrastra unha débeda co grupo empresarial que supera xa o millón de euros, non só pola recollida e transporte de resíduos urbanos nas parroquias, polígonos industriais e casco urbano, senón por outros traballos realizados para o Concello como a instalación dunhas barandillas en Cans, Pontenova e Mosende, ou a disposición dos contenedores do lixo, papeleiras e pipicans; todos eles prestados sen contrato ou sen partida orzamentaria, que tampouco foron abonados.
Cabe destacar que a facturación desta empresa, que prestaba o servizo dende xaneiro de 2017, foi rexeitada de maneira sistemática pola coalición PSOE-UDDL, tachando o conforme inicial do concelleiro delegado facendoas desaparecer da contabilidade municipal. Facturación que debería ser aboadas mediante o correspondente decreto por parte deste Goberno Municipal, xa que a maioria delas, a pesares de non ter contrato algún, si contan con partida orzamentaria.
«Como vimos denunciando existen centos de facturas rexeitadas polo Goberno Municipal coma estas, por un importe que ascendería xa a 5 millóns de euros», apunta o presidente dos populares, Alejandro Lorenzo. «A débeda que arrastramos por esas facturas que están «no caixón» sigue engordando. As empresas e autónomos que prestaron servizos ao Concello continúan sen cobrar pola irresponsabilidade dun Goberno que se nega a dar explicacións e intenta responsabilizar á oposición da súa xestión, que como estamos a ver acarrea graves consecuencias non só para os empresarios e os seus empregados que se quedan sen traballo, senón para toda a cidadanía do Porriño».
Ausencia de contrato, exceso de importe contratado ou imposibilidade de contratación, son algúns dos motivos que a alcaldesa e os seus concelleiros esgrimían para non aboar estes pagos, comunicando ás empresas afectadas a devolución de ditas facturas. A rexedora aínda vai máis lonxe no seu intento de ocultar a realidade deste desastre económico, sinalando que as facturas non se pagan por culpa oposición, concretamente do PP, cando a realidade é que foron rexeitadas polo Goberno Municipal e nunca foron a pleno. A competencia para abonar estes pagos é da Alcaldesa. A prestación destes servizos, a execución destas obras ou a entrega e instalación destes subministros son demostrables, sendo público e notorio, existindo partes dos encargados municipais e téndose publicado incluso en diferentes medios de comunicación a través de notas de prensa remitidas dende a propia Alcaldía.
A modo de exemplo, ponse o caso da Piscina Municipal. A empresa realiza un servizo mensual que leva anos prestando, polo cal o Concello ingresa na súa conta o diñeiro das taxas municipais polo uso da piscina (do mesmo xeito que se ingresan pola recollida de basura). A empresa encargada do servizo presenta as facturas e o Goberno Municipal non as conforma e rexeita por ausencia de contrato. A debandita empresa, que en 2017 presentou o Contencioso 99/2017 Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra para que se lle abonaran as facturas pendentes, non cobra polos seus servizos dende abril de 2017 e se lle adeudan uns 420.000 euros.
Os ‘populares’, que xa puxeron estes feitos en coñecemento dos órganos competentes, reiteran que se trata dunha práctica xa habitual dun Goberno Municipal que esquiva a fiscalización da facturación do Concello eludindo a toda costa a súaresponsabilidade e solicitan a comparecencia en pleno da alcaldesa, Eva García, e dos concelleiros implicados para dar conta do procedemento seguido para o impago ou devolución desta facturación, ante o resto de forzas políticas e ante os veciños e veciñas do Porriño que pagan as taxas para que se preste este servizo. Solicitarán tamén que se desglose toda a facturación rexeitada e se de conta da débeda real e dé as pertinentes explicacións ás empresas e autónomos damnificados.