Na última actuación, persoal do Grupo Etano e do Concello retiraron o luns cinco enxames cuxa presencia foi advertida polos veciños. Os niños atopábanse nos lugares de Cantoña, Pousadelas e Outeiro, na parroquia de Pontellas así como no barrio do Carracido. Estaban en árbores, nunha cheminea e no chan ó pé dun viñedo.
Segundo o grado de dificultade e altura tiveron que empregarse os tres sistemas que utilizan as brigadas é dicir pértega, disparo co inxección de veleno ou queima nos casos máis sinxelos.
O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal, explicou que están a atender semanalmente “unha media ducia de casos dende o 21 de xuño”.