A participación de varios viveiros portugueses e doutros puntos de Galicia foi outra das novidades desta edición. Así o manifestou o presidente de Acubam (Asociación Cultivos do Baixo Miño), José Cosmed na inauguración oficial da mostra, coa presenza dos alcaldes da comarca, que ano tras ano dan o seu apoio a esta feira, única no seu tipo en Galicia e Norte de Portugal). Ao acto tamén asistiron os deputados provinciais Eva Vilaverde e Uxío Benítez, o alcalde de Allariz e outras autoridades convidadas.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola súa banda, definiu a feira coma unha mostra consolidada, única no seu tipo en Galicia, e asegurou que o Concello “non se cansará de loitar por un sector que na actualidade é a columna vertebral da economía tomiñesa”.