Esta actuación, financiada en parte polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, vén a cubrir as necesidades dun colectivo en auxe ao longo dos pasados anos e que precisaba dunhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva.
O proxecto incluíu a ampliación do espazo existente en doce metros para desprazar a pista multiusos existente e albergar o novo ‘skatepark’, que conta cun ‘bowl’ e diferentes equipamentos fundamentais para a práctica deste deporte, nunha superficie total de 46×18,20 metros.
Este sábado 2 de marzo celebrarase a apertura oficial desta nova infraestrutura deportiva, cunha programación de actividades que terán comezo ás 10:00 horas e que prolongaranse ata as 17:00 horas da tarde. O evento, organizado pola Asociación Galifornia Beat! e que conta coa colaboración do Concello da Guarda e da Deputación de Pontevedra, incluirá música en directo, xantar e diferentes competicións deportivas. Segundo anuncia o Concello, participarán no evento “importantes ‘riders’ a escala nacional e internacional”.
Programa:
10:00h – Pista libre
12:30h – Concertos
14:00h – Xantar
15:00h – Patinada libre premiada
17:00h – Entrega de premios