O acordo responde a unha iniciativa da Deputación de Pontevedra orientada a emprender accións que promovan a mellora e posta en valor dos montes da provincia, con dúas liñas de axuda destinadas aos concellos para a creación de parques forestais.
O Concello da Guarda, a través do Padroado Municipal do Monte Santa Trega, aportará 3.000 euros a cada un dos proxectos das Comunidades de Montes, namentres a institución provincial achegará ata un máximo do 70% do seu custo.
O proxecto para a creación dun parque forestal na Comunidade de Montes de Camposancos ten un orzamento total aproximado de 24.250 euros, namentres o investimento na actuación CMVMC da Guarda estimase en 37.200 euros.