Ao evento tamén están convidados, entre outras personalidades, alcaldes e alcaldesas da comarca do Baixo Miño, así coma unha representación de exalcaldes, exconcelleiros, empregados municipais, representantes de partidos políticos, asociacións e institucións públicas e privadas ligadas á vida municipal da Guarda.
Durante a celebración, descubrirase unha placa conmemorativa, realizarase o corte simbólico da cinta na porta de acceso ao edificio e proxectaranse varios vídeos sobre turismo, historia e vida institucional da Guarda. Tamén haberá unha pequena exposición sobre fondos artísticos e publicacións municipais.
A Casa do Concello tivo ao longo da súa historia varios propietarios, pasando a ser propiedade municipal dende o ano 2001. Comezando as obras de rehabilitación no ano 2009 e rematando as mesmas o pasado verán de 2018. O edifico orixinal era unha casa indiana de arquitectura señorial urbana cunha elegante fachada de pedra nobre que foi conservada e restaurada.