• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 5 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Polo Nadal, un satélite

    A Universidade de Vigo lanzará o 25 de decembro o LUME-1, o seu cuarto artefacto, que será posto en órbita desde Rusia por un foguete Soyuz
    Redacción por Redacción
    14 de Nov, 2018
    en Ciencia y Tecnología
    0
    Polo Nadal, un satélite

    Tal e como recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), o cubesat, que forma parte do proxecto FIRE-RS de loita contra os lumes forestais e no que ademais da institución académica olívica, participan a Universidade de Porto e o CNRS francés, chegará nas próximas horas a Holanda, onde se procederá á súa integración no sistema dispensador (POD) nas instalacións de ISIS, a empresa gañadora do concurso público realizado para o lanzamento e que se encargará tamén do traslado e integración de LUME-1 no cosmódromo de Vostochny, poucos días antes do seu lanzamento.

    “Hai que considerar que o Nadal ruso é en xaneiro. Sería a mesma situación que se se lanzase cun foguete chinés, de feito o día 25 de decembro están planificados dous lanzamentos desde foguetes rusos, o Soyuz, que porá en órbita o LUME-1 e o Protón”, explica Fernando Aguado, docente e investigador e responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, en relación co lanzamento nunha data tan sinalada como o 25 de decembro. Tralo lanzamento, que se estima se produza ás 02.00 horas, o primeiro pase do LUME-1, no que desde a Escola de Telecomunicación confirmarán que todo funciona correctamente, produciríase sobre as 10.00 horas do mesmo día de Nadal.

    Co lanzamento do satélite, culminará o traballo que durante máis dun ano e medio desenvolveron 17 persoas na Universidade de Vigo: 10 investigadores contratados; seis estudantes e dous profesores en tarefas de coordinación. “Todos os estudantes e investigadores que participan no proxecto FIRE-RS pertencen ás facultades de Enxeñería Industrial, de Telecomunicación e Informática ,que son o núcleo do Agrupación Aeroespacial”, detalla Aguado.

    LUME-1, unha evolución dos seus antecesores
    Sucesor de Xatcobeo, Humsat e Serpens, LUME-1 é una evolución dos seus antecesores, “compartindo que é un satélite fundamentalmente de comunicacións, pero inclúe moitas melloras tecnolóxicas respecto deles”. O sistema de comunicacións, Totem, está baseado nunha radio definida por software e foi totalmente redeseñado, permitindo operar ao satélite de xeito moito máis eficiente en tres bandas de comunicación diferentes: UHF, S e L coa mesma radio.

    “A misión fundamental do satélite é dar soporte de comunicacións bi-direccional a sensores de terra que detectan lume, que desenvolve o grupo CIMA da Universidade de Vigo, así como para prover unha conexión cos avións non tripulados, UAVs, desenvolvidos pola Facultade de Enxeñaría da Universidade de Porto”, detalla Fernando Aguado.

    lum2Os novos servizos incluídos en LUME-1 permiten, entre outros, a comunicación bidireccional, comunicación a grupo, comunicación directamente entre terminais da mesma zona de cobertura, comunicación segura… Ademais, como misións secundarias, o satélite da Universidade de Vigo incorpora a posibilidade de realizar monitorización do espectro, así como recepción de sinais provenientes de avións (ADSB), así como a de usar Totem coma un laboratorio de probas de comunicacións en voo, ao poder redefinilo totalmente en terra, subir a súa nova configuración desde a estación de terra e “reconstruír” unha nova radio a metade de misión.

    Á espera da súa integración en Holanda, LUME-1 completou durante meses un esixente calendario de probas, incluídas as de aceptación de todos os subsistemas, así como a verificación do satélite a nivel de sistema. “ Unha vez comprobado o correcto funcionamento na sala limpa, en agosto realizáronse probas de ambiente espacial no laboratorio holandés de NLR (Netherlands Aerospace Centre), que incluíron probas de termovaleiro e vibración, para comprobar o correcto funcionamento do satélite no espazo, así como unha proba de resistencia coas cargas mecánicas que experimentará durante o lanzamento”, explica o docente e investigador da Universidade de Vigo.

    Unha peza fundamental de FIRE-RS, que estaría operativo o vindeiro verán
    LUME-1, un satélite Cubesat tipo 2U, cunhas dimensións 20 X 10 X 10 e un peso de 2.1 quilogramos, será inxectado nunha órbita helio-sincrona a 490 quilómetros de altura. Unha vez lanzado, na fase LEOP (Launch and Early Operation Phase) realizarase o primeiro contacto para comprobar o estado do satélite, “ser quen de comunicarse correctamente desde a estación terrea, así como comprobar que os parámetros fundamentais son nominais”, explica Fernando Aguado.

    Na fase de Commisioning, compróbase o correcto funcionamento e configuración de todos os subsistemas que compoñen a plataforma do satélite (potencia, computador de abordo, comunicacións e apuntamento) e verificarase a carga útil do satélite, neste caso Totem. “Unha vez que todo o satélite estea completamente verificado, en dúas ou tres semanas, poderá pasarse á operación nominal, que inclúe dar soporte de comunicacións nos pilotos do proxecto FIRE-RS” detalla o responsable da Agrupación Aeroespacial.

    lume1O resto de elementos que compoñen o sistema están neste intre moi avanzados, tanto os UAV de Porto, Centro de Control e simuladores de avance de lume de LAAS (Tolouse), así como os sensores de terra desenvolvidos por CIMA. Ao primeiro  simulacro real do proxecto, co obxectivo de poñer en práctica a nivel procedimental a detección remota temperá dun incendio, que terá lugar o vindeiro venres en Silleda, seguiranlle outras proba piloto ás que se irán incorporando progresivamente todos os elementos que compoñen o sistema, de xeito que “o proxecto rematará a finais de xuño do ano 2019, data na que agardamos ter comprobado o funcionamento integral de solución nos pilotos.

    Nese intre o consorcio estará en condicións de poñer a solución tecnolóxica a disposición das institucións interesadas, que deberán realizar o despregue efectivo que debería incluír un número axeitado de satélites, sensores de terra e UAV,s para a súa operación real”, avanza Fernando Aguado.

    43

    RelacionadosArtículos

    171018 Incendios Chandebrito Estudio
    Nigrán

    Un incendio en Chandebrito revive los recuerdos de la tragedia de 2017

    05 de Jul, 2025
    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica
    Música

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica

    05 de Jul, 2025
    Rallye Rías Baixas al rojo vivo
    Motor

    Rallye Rías Baixas al rojo vivo

    05 de Jul, 2025
    La Romaría do Pan de Millo llena Cabral de sabor y tradición
    Gastronomía

    Guía de fiestas gastronómicas en Vigo para julio y agosto de 2025: sardinas, pulpo, mejillones y más

    05 de Jul, 2025
    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros
    Viajes

    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros

    05 de Jul, 2025
    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII
    Moda

    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII

    05 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR