• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    sábado, 25 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O alumnado da Uvigo deseña un videoxogo de misterio inspirado nunha novela de Ledicia Costas

    Foi realizado por estudantes de Comunicación Audiovisual e Enxeñaría de Telecomunicación, que desenvolveron unha primeira fase que darán a coñecer en Twitch
    Redacción por Redacción
    14 de Dic, 2022
    en Ciencia y Tecnología
    0
    O alumnado da Uvigo deseña un videoxogo de misterio inspirado nunha novela de Ledicia Costas

    Un dos escenarios do xogo.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    ‘Merlo’ é o título do proxecto de videoxogo que un grupo de estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación desenvolveu ao longo deste cuadrimestre no marco dunha iniciativa do grupo de innovación docente ComTecArt. Do mesmo xeito, ‘Merlo’ é tamén o nome da vila na que a escritora Ledicia Costas ambientou a súa novela ’Infamia’, fonte de inspiración do proxecto de xogo ideado por nove estudantes. Estes desenvolveron tamén unha primeira fase que este mércores presentaron aos docentes responsables da actividade e ao profesional da industria dos videoxogos Pablo Monroy e que o vindeiro luns darán a coñecer a través da canle de Twitch do grupo ComTecArt.

    Tal e como recolle o Diario da Universidade de Vigo e como explica a estudante de Comunicación Audiovisual Uxía Seijas, ‘Merlo’ é un “videoxogo en primeira persoa” que abrangue á súa vez “dous tipos de xogos distintos, os de misterio e os de sixilo e infiltración”. Nese senso, a súa proposta varía as mecánicas “dependendo do momento do día” no que se atope a súa protagonista, de tal xeito que nun horario diúrno, esta ten que “investigar acerca do misterio” que propón a novela de Costas, a desaparición de dúas nenas 25 anos antes, na que a protagonista da historia decide indagar á súa chegada á vila.

    No xogo, “isto faino a través das misións que se lle propoñen e das conversas cos personaxes non xogadores”, explica Seijas. Mais, cando se fai de noite, as súas dinámicas achéganse as dun “xogo de infiltración”, no que a personaxe “ten que escapar duns inimigos, que son as sombras do seu pasado e persoas que están de certa forma implicadas na desaparición das nenas, á vez que trata de conseguir pistas”. 

    Impulsada polos docentes Beatriz Legerén, Luis Fernández, Antonio Pena, Enrique Costa e Mónica Valderrama, a iniciativa que o grupo ComTecArt promove desde 2017 busca achegar o alumnado aos procesos de traballo interdisciplinares da industria do videoxogo, promovendo o traballo conxunto de estudantes de diferentes materias dos graos en Comunicación Audiovisual e Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, aos que se suman tamén estudantes dunha materia do Grao en Publicidade e Relacións Públicas, encargadas da difusión do proxecto.

    En cada edición, o grupo ComTecArt propón que o xogo teña como fonte de inspiración a obra dun autor ou autora galegos, como foi neste caso ‘Infamia’. Concretamente, o punto de partida do seu traballo foi un fragmento da novela “que explicaba un pouco o contexto da desaparición”, á vez que “presentaba á protagonista, que viña á vila a reformar a súa vida” e os primeiros sospeitosos, explica Seijas.

    Por Twitch

    Partindo deste extracto da novela, as e os participantes traballaron ao longo do cuadrimestre tanto no deseño do xogo, conformado neste caso por cinco niveis, como na programación dunha primeira fase, que o vindeiro luns darán a coñecer, a partir das 18.30 horas, na canle de Twitch de ComTecArt. Previamente, este mércores tiveron que defender o seu proxecto nunha actividade que emulaba a presentación da proposta ante uns produtores. Nela participou, xunto ao profesorado da materia, o desenvolvedor Pablo Monroy, cofundador da produtora OverPowered Team, responsable de xogos como Godstrike ou Abyssals, quen, nun coloquio, achegou tamén ao alumnado ao traballo nesta industria.

    “A idea era que alguén alleo á Universidade coñecese a experiencia e lles trasladase as súas impresións”, sinala Legerén, que explica que, a diferencia doutros anos, o alumnado participante traballou nesta ocasión nun único proxecto, que ademais conta por primeira vez con música propia. Esta foi composta polo estudante de intercambio Manuel Manrique, que chegou á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación desde a Universidad Católica do Uruguai, onde estuda Enxeñaría Audiovisual.

    “Os videoxogos gústanme desde sempre e pareceume moi interesante traballar nun equipo tan variado”, sinala este alumno, que xa compuxera previamente cancións para algunha curtametraxe, pero nunca para un proxecto coma este, no que buscou que a música non fose “unha composición lineal” senón algo “cíclico” que se fose adaptando aos diferentes momentos do xogo. 

    Tags: Ledicia CostasUVigoUVigoévideojuegos

    RelacionadosArtículos

    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional
    Local

    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional

    24 de Mar, 2023
    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia
    Local

    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia

    22 de Mar, 2023
    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3
    Local

    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3

    21 de Mar, 2023
    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología
    Local

    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología

    17 de Mar, 2023
    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus
    Local

    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus

    16 de Mar, 2023
    Investigadores da UVigo participan nun proxecto europeo para mellorar a seguridade das comunicacións
    Local

    Investigadores da UVigo participan nun proxecto europeo para mellorar a seguridade das comunicacións

    15 de Mar, 2023

    Más Vistos

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    por Redacción
    20 de Mar, 2023
    0

    Más de 1.000 personas alquilan las ‘powerbank’ para móviles en Vialia Vigo, que instala una pantalla gigante

    Más de 1.000 personas alquilan las ‘powerbank’ para móviles en Vialia Vigo, que instala una pantalla gigante

    por Redacción
    23 de Mar, 2023
    0

    El nuevo Centro de FP de Ourense y viviendas de Vigo y Santiago, entre los premiados por el Colexio de Arquitectos

    Casa Tomada de Vigo, la mejor vivienda del año para el Colexio de Arquitectos de Galicia

    por Redacción
    18 de Mar, 2023
    0

    Jardines desconocidos de Vigo

    Jardines desconocidos de Vigo

    por Julio Alonso
    21 de Mar, 2023
    0

    La Gran Vía de Vigo estrena rampas mecánicas, suelo que genera energía y acera con pantalla LED

    por David Lorenzo
    24 de Mar, 2023
    0
    La Gran Vía de Vigo estrena rampas mecánicas, suelo que genera energía y acera con pantalla LED
    Local

    La Gran Vía de Vigo ya tiene en marcha las rampas mecánicas que conectan la avenida entre el cruce con la

    Leer mas

    Nuevo concierto para este verano en Castrelos: David Bisbal regresa a Vigo cuatro años después

    por David Lorenzo
    24 de Mar, 2023
    0
    Nuevo concierto para este verano en Castrelos: David Bisbal regresa a Vigo cuatro años después
    Música

    Segundo concierto confirmado para el cartel de Castrelos 2023. David Bisbal se suma a Pablo López en la lista de

    Leer mas

    Triple escala de la suerte en Vigo: tocan dos primeros premios de Lotería Nacional y un segundo de La Primitiva

    por Redacción
    24 de Mar, 2023
    0
    Triple escala de la suerte en Vigo: tocan dos primeros premios de Lotería Nacional y un segundo de La Primitiva
    Local

    El azar hizo una parada en Vigo este jueves por la noche para regar de dinero tres puntos diferentes de

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR