• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    sábado, 23 de enero de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Estudantes da UVigo desenvolven un prototipo para comunicarse con persoas con parálise cerebral

    Un sistema inspirado no utilizado por Stephen Hawking mellora a interacción con este pacientes e anda na procura de patrocinios que axuden ao seu desenvolvemento
    Redacción por Redacción
    12 de Ene, 2021
    en Ciencia y Tecnología
    0
    Estudantes da UVigo desenvolven un prototipo para comunicarse con persoas con parálise cerebral

    O prototipo xa está rematado. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    ‘CharlieSays’ botou a andar cando a tía de Juan Abia lle propuxo a este estudante de cuarto curso do Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática da Universidade de Vigo que desenvolvese para o seu Traballo de Fin de Grao (TFG) un sistema que permitise a comunicación con Carlos, o seu fillo e curmán de Juan, que este mes cumpre 33 anos e que sofre parálise cerebral.

    Carlos, que naceu sendo un neno san, sufriu cando tiña un ano unha parálise cerebral, producida pola aciduria glutárica que padece e que non lle foi diagnosticada ata que cumpriu 11 anos. Esta enfermidade que impide a quen a padece descompoñer as proteínas animais correctamente, unha vez diagnosticada e establecida unha dieta que reduce á mínima expresión a presencia de proteínas animais, permite ás persoas enfermas desenvolver unha vida normal.

    Con todo, no caso de Carlos a diagnose chegou moi tarde, ocasionándolle graves secuelas, como a parálise cerebral que lle impide falar ou moverse voluntariamente, agás algún movemento aparentemente controlado e con máis forza que é quen de facer coa súa man dereita.

    O proxecto comezou co estudo de diferentes opcións actualmente existentes no mercado para facilitar a comunicación das persoas con parálise cerebral, “pero teñen dúas grandes desvantaxes: un prezo demasiado elevado e non se poden adaptar o suficiente ás necesidade de Carlos, xa que no se poden mudar parámetros como o tempo de pulso ou a forza aplicada”, explica Juan Abia, que lembra que, o que comezou como unha proposta de TFG, logo pasou a ser un proxecto da asociación da rama de Estudantes do IEEE da UVigo, “e aí empezamos a traballar sobre o que eu fixera, inspirándonos no sistema que utilizaba Stephen Hawking”, contando ademais coa participación de Fernando Flores e Mateo González, estudantes do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación.

    Foi a partires dese momento cando o equipo desenvolveu un sistema, que a día de hoxe xa dispón dun prototipo terminado, totalmente adaptado ás necesidades de Carlos e no que é posible modificar todos os parámetros. “O sistema detecta a forza que fai o usuario sobre unha pelota antiestrés e envía este sinal á aplicación, que está instalada nunha tableta de Carlos, que ten un maior control sobre a man dereita”, detalla o estudante.

    Co prototipo xa rematado, ata agora o equipo desenvolveu a funcionalidade principal “que é ter o sensor e a comunicación coa aplicación funcionando, cunha comunicación simple de “si” e “non”. A partir de aí queda, en primeiro lugar, moita práctica por parte de Carlos para que se faga ao sistema, e unha vez conseguido isto, poñerémonos a traballar en funcionalidades da aplicación máis complexas, como comunicación mediante pictogramas e teclado por barrido”, explica Juan Abia.

    Dispor dunha parte do corpo sobre a que se teña algo de control, sen importar a velocidade de reacción nin a forza aplicada; vista para poder ver a tableta e saber ler, para poder utilizar  funcionalidades futuras, son as capacidades que precisan ter as persoas que queiran empregar este sistema, cuxo núcleo é Arduino Leonardo, o microcontrolador que ten a función principal de ler o sinal do sensor e filtrala, para finalmente enviala á aplicación na tableta.

    Tras presentar ‘CharlieSays’ na feira de tecnoloxías abertas OSHWDe, “onde tivo grande acollida”, os promotores do proxecto atópanse actualmente na procura de patrocinadores para financialo e tamén de colaboradores para poder continuar o seu desenvolvemento e mellora. “Como o proxecto está dentro da asociación de alumnos da Rama de Estudantes do IEEE da UVigo a nosa idea é lograr patrocinadores para a asociación e así poder financiar este proxecto e outros, ademais doutras actividades que realizamos”, detalla Juan Abia, que confirma que neste intre xa están en contacto cun par de empresas que amosaron o seu interese en converterse en patrocinadores desta iniciativa.

    Tags: CharlieSaysparálisis cerebralUniversidade de Vigo

    RelacionadosArtículos

    Un estudo saca á luz a biodiversidade oculta nas covas viguesas do Folón
    Medio Ambiente

    Un estudo saca á luz a biodiversidade oculta nas covas viguesas do Folón

    22 de Ene, 2021
    A UVigo recupera posicións no ránking de Shanghai, situándose entre as 600 mellores universidades do mundo
    Local

    A Universidade de Vigo destina 90.000 euros a bolsas que cubrirán ata o 100% da matrícula

    21 de Ene, 2021
    A Universidade dispón de 156 novos postos de lectura no centro de Vigo para o alumnado a partir da vindeira semana
    Local

    A Universidade dispón de 156 novos postos de lectura no centro de Vigo para o alumnado a partir da vindeira semana

    16 de Ene, 2021
    A Universidade de Vigo celebra un século de estudos mercantís e empresariais na cidade
    Local

    A Universidade de Vigo celebra un século de estudos mercantís e empresariais na cidade

    15 de Ene, 2021
    A Universidade de Vigo estrea o pavillón do campus como sede para albergar exames
    Covid-19

    A Universidade de Vigo estrea o pavillón do campus como sede para albergar exames

    11 de Ene, 2021
    Zona Franca cede a la Universidad de Vigo el edificio de López Mora para exámenes presenciales
    Economía

    Zona Franca cede a la Universidad de Vigo el edificio de López Mora para exámenes presenciales

    09 de Ene, 2021

    Más Vistos

    Galicia cerrará las actividades no esenciales  en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    Galicia cerrará las actividades no esenciales en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    por Redacción
    19 de Ene, 2021
    0

    El derribo del Camaleón también conllevará la demolición de un mirador y zona de descanso en Samil

    El derribo del Camaleón también conllevará la demolición de un mirador y zona de descanso en Samil

    por Redacción
    15 de Ene, 2021
    0

    Vigo pasa al nivel máximo de restricciones junto a otros 55 concellos, 10 en su área sanitaria

    Vigo pasa al nivel máximo de restricciones junto a otros 55 concellos, 10 en su área sanitaria

    por Redacción
    18 de Ene, 2021
    0

    Confirman el paso de un “bólido meteórico”, que se pudo ver de madrugada en Vigo

    Confirman el paso de un “bólido meteórico”, que se pudo ver de madrugada en Vigo

    por Redacción
    18 de Ene, 2021
    0


    Comuneiros da Louriña e o Condado denuncian “enormes” danos cometidos por motos, quads e todoterreos

    por Redacción
    22 de Ene, 2021
    0
    Comuneiros da Louriña e o Condado denuncian “enormes” danos cometidos por motos, quads e todoterreos
    Ponteareas

    As comunidades de montes dos concellos de Ponteareas, Salceda de Caselas e O Porriño uníronse para denunciar a “presenza masiva”...

    Leer mas

    El ascensor de la Praza da Estación, con parada en el Vialia y capacidad para 13 personas, estará operativo a final de año

    por Redacción
    21 de Ene, 2021
    0
    El ascensor de la Praza da Estación, con parada en el Vialia y capacidad para 13 personas, estará operativo a final de año
    Local

    La transformación del entorno de la estación de Urzaiz, con varios frentes abiertos, ha dado este jueves un nuevo paso...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Create New Account!

    Fill the forms bellow to register

    All fields are required. Iniciar sesión

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Do NOT follow this link or you will be banned from the site!
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar Rechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy
    Necesarias Siempre activado