A presidenta provincial subliñou que “é todo un escándalo que o PP galego sinale que cando se maltrata a unha muller, maltrátase a todos os galegos”. “Pois non, dixo Silva, cando se maltrata a unha muller, maltrátase ás mulleres. Dicir o que di o PP é negar a violencia machista, coa que se maltrata ás mulleres polo feito de ser mulleres“, afirmou. A presidenta da Deputación esixiu por elo a Feijoo “que ten que saír a rectificar estas palabras de forma inmediata porque se non o fai, advertiu, será cómplice de quen desde o seu partido sostén o mesmo discurso que VOX, que nega que se trata dun problema de xénero. Negar que a violencia de xénero é unha lacra que so afecta ás mulleres, é negar o propio termo de violencia de xénero”, subliñou.
Silva rematou dicindo que estas declaracións do PP de Galicia son un insulto a todas as mulleres que sofren a violencia de xénero. “Esa violencia está xerada polo machismo, non por unha entelequia o un grupo reducido de maltratadores. Xéraa o machismo. Sempre soubemos que cando o PP dicía que cre na igualdade era unha falacia, pero se Feijoo non rectifica de inmediato esta posición, hoxe aínda o deixan máis claro”.