Segundo informou o 112 Galicia, os feitos rexitráronse pretos das seis da madrugada e foi un dos afectados os qe deu o aviso a unha veciña. Os Bombeiros de Vigo detectaron unha alta concentración de monóxido de carbono no interior da vivenda situada no Camiño das Veigas, en Coruxo.
Os dous ocupantes da vivenda, un home e unha muller, tiveron que ser trasladados ao hospital con síntomas de intoxicación: desmaios e dores de cabeza. Foi o home quen pediu axuda a unha veciña antes de esvaecerse.
Ela chamou ao 112 Galicia e a partir de aí, activouse un operativo no que, ademais dos bombeiros, participaron os técnicos de Urxencias Médicas e os axentes da Policía Local.