Así, poñeranse en marcha medidas para prestar asesoramento ás familias para orientalas e acompañalas nos trámites pertinentes e habilitaranse axudas económicas para reconstruír e recuperar as vivendas habituais no menor tempo posible.
A este paquete de axudas para reparar os principais danos patrimoniais ocasionados, iranse sumando outras iniciativas relacionadas, por exemplo, cos danos ambientais.
Nesta liña, unha das accións será minimizar o impacto que poden ter os lumes nas rías, para o que o Executivo galego xa está a cartografiar os lugares que presentan maior risco de erosión, así como definindo as técnicas correctoras a aplicar.