O Concello de Vigo como mostra de solidariedade e de dó pola traxedia da morte dunha muller vítima da violencia de xénero no seu domicilio da cidade, declara tres días de loito oficial que comezan no mediodía deste luns ás 12 da mañá e que rematan este mércores día 9 ás 24 horas da noite.
Este luns ás 13:00 horas do mediodía, a práctica totalidade da Corporación Municipal, integrantes dos tres grupos políticos con representación no Concello, funcionarios e persoal da Casa Consistorial gardaron tres minutos de silencio na Praza do Rei en sinal de dor e solidariedade coa vítima, coa súa familia e cos seus achegados.