O partido galeguista, a través da europarlamentaria do PNV Izaskun Bilbao, presentará en Bruxelas unha pregunta onde pedirá a apertura da investigación correspondente sobre o uso dos fondos destinados a esta obra portuaria.
Desde CxG instan a que ambos partidos deixen de “pasar a bola e de facer o ridículo diante dunha opinión pública farta da irresponsabilidade destes políticos”. “O PP e o PSOE escenifican un sainete sobre un asunto que non foi a mais e por sorte non estamos falando hoxe de falecidos”, declarou Cortés Alonso.
Xa en maio deste ano, a formación galeguista levou unha petición á UE sobre a fiscalización dos fondos da estratexia ‘blue growht’ dirixida polo actual presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, e que incluía un apartado sobre a posible violación de dereitos dos traballadores e de liberdade sindical, asunto sobre o que CxG pedira publicamente a súa destitución.