En Oleiros, sobre as 10:30 horas, un particular informaba ao CAE 112 Galicia do atropelo dun turismo a unha nena, na Rúa Cividanes, en Mera.
Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios e os axentes da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil de Oleiros, tras ser alertados polo 112 Galicia. Os Bombeiros de Arteixo tamén foron informados.
A nena, foi trasladada polo persoal sanitario ao Hospital Modelo da Coruña.
Nena ferida en Vigo
Por outra banda, en Vigo, ocorría un accidente entre un coche e unha moto e unha nena resultou ferida.
O accidente rexistrouse ao redor das 11: 00 do domingo na Rúa Manuel de Castro, á altura do número 6. Ao igual que no caso anterior, un particular foi quen puxo en alerta ao persoal do 112 Galicia.
A partir de aí, pasouse aviso a Urxencias Médicas, Policía Local, Protección Civil e tamén se informou aos Bombeiros da cidade.