• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 5 de febrero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • BIOGRAFÍAS VIGUESAS

    «Laxeiro»

    Lois Pérez Leira por Lois Pérez Leira
    01 de Abr, 2015
    en Más Vigo
    0
    «Laxeiro»
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    En 1925 volveu a Galiza doente dunha enfermidade. Ao chegar exerceu de barbeiro en feiras, e era coñecido como o «barbeiro-pintor» de Lalín. Dado o talento que demostraba o mozo pintor o Concello de Lalín en 1931 concedeulle unha bolsa para estudiar Belas Artes na Academia de San Fernando de Madrid. Un ano despois foi a Deputación de Pontevedra quen lle outorgou unha bolsa para continuar naquela afamada academia.

    Laxeiro aproveitou a súa estadía en Madrid para frecuentar as tertulias do Café «Granja El Henar» para atoparse cos intelectuais do momento e especialmente cos galegos. «Neste Café xuntábamonos todas as noites e facíamos un grupo de galegos ilustres: Castelao, Picallo, os irmáns Villar Ponte, os Dieste, Risco, Alonso Ríos, e os sábados moitas veces, o poeta García Lorca».

    laxeiro casaencuba

    Laxeiro realizou en 1934 a súa primeira exposición na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago. O pintor mantiña unha fluída relación coas tertulias do Español e do Derby. Logo realizou en 1935 a súa segunda exposición nunha sala da rúa Michelena (Pontevedra). Co alzamento militar de Franco de xullo de 1936 Laxeiro foi sorprendido organizando unha exposición de debuxos.

    Malia que tiña frecuentado ambientes republicanos, Laxeiro non tiña militancia política, polo que non foi obxecto de persecucións. En 1937 foi recrutado forzosamente ata 1939. Ao rematar o seu servicio militar instalouse na cidade de Pontevedra. Nesta cidade pintou en 1941 os murais do Cine Balado de Lalín e o mural «O manantial da vida» do café Moderno de Pontevedra, onde aparecía un concepto claro de neofiguración consagrado nos sesenta.

    laxeiro debuxoseoaneUn ano despois estableceuse en Vigo: «Pasei alí días de fame e agasallei murais ás paredes…», lembraba o pintor. A súa primeira exposición importante nesta cidade realizouna en 1945 na Sala do Casino de Vigo. Outra das exposicións dos anos corenta son: 1946-Murais na taberna «El Caserío». Expuxo xunto a Virxilio Blanco en Compostela. 1947- Convidado a expoñer en Bilbao: Sala Studio. Exposición de debuxos na galería «Estilo» de Madrid. Exposicións na Asociación de Artistas da Coruña e na Sala Velázquez do Teatro Fraga de Vigo. 1948-Exposición na Sala Velázquez de Vigo. «Exposición relámpago» na taberna «El Capitán «. Pintou un dos seus cadros máis famosos: «Transmundo» 1950-Exposición na Sala Velázquez en Vigo.

    En 1951 mudouse a Bos Aires xunto con ao seu gran amor e compañeira Lala. Levou consigo a obra de sete artistas galegos convidados a expoñer na capital. Desde entón e ata 1970 permaneceu na Arxentina constituíndo esta unha das etapas máis fecundas e influíndo de xeito decisivo nas novas xeracións dese país.

    Na Arxentina expuxo nunha morea de salas as máis importantes foron: 1951- Mostra de debuxos nos «Martes Bohemios da Boca», Bos Aires. 1954-Sala da Sociedade Iberoamericana, Bos Aires. 1955-Inauguración -cunha exposición- da Sala de Arte do Centro Lucense. 1957-Exposición na Sala Velázquez, Bos Aires. 1962.Exposición na Sala Prisma de Madrid. «50 anos de pintura figurativa española». Galería Charpentier, París. Participan, entre outras 30 seleccionadas, obras de Solana, Regoyos, Vázquez Díaz, Nonell, B. Palencia… 1964-Exposicións na Sala Lascaux, Sociedade Estímulo de Belas Artes, Galería Boado e na Sala Velázquez, Bos Aires.

    laxeiro cuadrado leiraElixido Vicepresidente da Sociedade Arxentina de Artistas Plásticos. Importante labor de conferenciante que causa impacto no ambiente artístico bonaerense: «O bicho creativo», sobre a arte moderno. 1965-Exposición na sala Lascaux, Bos Aires. Exposición na Asociación de Artistas da Coruña. Importante conferencia no Museo de Artes Plásticas da cidade da Plata sobre «As barrigas verdes da pintura». 1966-Exposición de máis de 70 obras na Sala Quixote, de Madrid. 1968-Exposición na Sala Biosca, de Madrid. 1970-Grande retrospectiva na Art Gallery International de Bos Aires. Volta a Galiza. A etapa galaico-madrileña (1970-1996). 1981-«Antoloxía Homenaxe a Laxeiro», organizada por Atlántica, en Vigo, con máis de 300 obras. 1985-Exposición antolólixa na VIII Bienal Nacional de Arte de Pontevedra. 1996-No Centro Galego de Arte Contemporánea. En 1983 o Concello de Vigo adícalle un Museo Monográfico.

    Laxeiro foi un home comprometido co seu tempo, foi un home de esquerdas sensible ao mundo que o rodeaba. Foi un gran amigo dos seus amigos. Nas súas lembranzas sempre estaba Lala, os seus anos na Habana e Bos Aires, algún amor furtivo.

    Na intimidade encantáballe o humor, gustáballe cantar e dar discursos en distintos idiomas que el dicía que coñecía mais que en realidade inventaba para facer rir aos seus amigos.

    Coñecín a Laxeiro en 1990 ao pouco de chegar de Bos Aires, participei nalgunhas das tertulias do Goya. A Laxeiro gustáballe que lle comentara como estaba a Arxentina. Falábamos dos nosos amigos en común: Cuadrado, Lores, Benito e José Domínguez, etc. Sempre se lembraba dalgunha anécdota. Notábaselle feliz falando daqueles tempos.

    laxeiro noestudioNunha entrevista que lle realizou Fernando Elorrieta Rey comentounos algunhas lembranzas do seu paso pola emigración cubana: «Na Habana estiven catro anos desde o ano 1921 ata o 1925. Alí fíxenme pintor pois tiven a sorte de ir a clase de debuxo e pintura mais ademais tiven nese pouco tempo unha chea de vivencias daquela cultura afrocubana, das súas crenzas, do son e do ritmo e tamén aprendín como un mozo do meu barrio Kid Chocolate (campeón do mundo de boxeo) a «fajarme» e a defenderme. Traballei nunha fábrica de manteiga que se chamaba «El País», despois traballei cun negro facendo publicidade polas rúas, traballei de toneleiro e máis tarde nunha compañía chamada «Ballesteros Hermanos» na sección de vidrieiras de chumbo. Alí como debuxante de vidrierias pagábanme catro dólares diarios que era un salario moi bo. Nese intre púxenme moi mal de saúde e tiven que ingresar na quinta do Centro Galego e de alí mandáronme a España para finar. E xa ves aquí estou. Cuba quedou prendida no meu corazón co seu cromatismo e ledicia de vivir e cunha carga misteriosa de ritmos e harmonías». Sobre o seu paso por Bos Aires relátanos Laxeiro: «…Valeume moito a miña estadía na Arxentina porque cheguei a un país no que valoran a arte e ademais cheguei cando os arxentinos cultos comezaron a darse conta de que alí había moi bos pintores e comezaron a mercar obras de arte. Eu atopábame alí como na miña terra… Foi unha época moi boa para o meu espírito e para os meus sentimentos. Vivín a tope aquelas vivencias e nunca as poderei esquecer. Sí é certo, Bos Aires foi un xarope doce e inesquecible para min como home, como artista e como galego».

    Co transcorrer dos anos compartín outros momentos co xenial artista, lembro unha entrañable cea no Posto Piloto de Vigo xunto a Cuadrado e Lores, as visitas a súa casa da rúa Urzáiz, as festas na casa de Raimundo Orozco, os encontros casuais pola rúa do Príncipe. O noso último encontro sería no Hospital Xeral, o noso grande pintor achegábase cara á morte.

    Aos poucos meses dese último e fugaz intecambio de saúdos Laxeiro finaba. Era o 21 de xullo de 1996, o noso pintor máis xenial deixábanos para sempre con el íansenos todas as cores e todos os soños.

    Tags: BiografíaLaxeiroVigoXosé Otero Abeledo

    RelacionadosArtículos

    El investigado por el crimen del pozo que está libre reitera su inocencia, aunque cae en contradicciones
    O Porriño

    El investigado por el crimen del pozo que está libre reitera su inocencia, aunque cae en contradicciones

    27 de Ene, 2023
    Las temperaturas más bajas en dos años dejan heladas en Vigo; O Porriño y Ponteareas, bajo cero
    Local

    Las temperaturas más bajas en dos años dejan heladas en Vigo; O Porriño y Ponteareas, bajo cero

    24 de Ene, 2023
    El Casino de Vigo, entre los mejores casinos valorados de Galicia
    Ciencia y Tecnología

    El Casino de Vigo, entre los mejores casinos valorados de Galicia

    12 de Ene, 2023
    Adif pone a la venta mediante subasta pública dos pisos de su propiedad en el centro de Vigo
    Local

    El precio de la vivienda usada se dispara en Vigo considerablemente más que en el resto de Galicia

    28 de Dic, 2022
    Así es ‘Vigo Panorama’, la nueva colección de regalos para enamorarse (más) de la ciudad
    Local

    Así es ‘Vigo Panorama’, la nueva colección de regalos para enamorarse (más) de la ciudad

    21 de Dic, 2022
    Un estudio sitúa a Vigo como la ciudad más amable de España
    Local

    Un estudio sitúa a Vigo como la ciudad más amable de España

    20 de Dic, 2022

    Más Vistos

    Acuerdo para humanizar 7,4 kilómetros de frente portuario de Vigo con un paseo y carril bici

    Adiós al último giro a la izquierda en la Avenida de Beiramar de Vigo

    por Redacción
    03 de Feb, 2023
    0

    La plantilla de Vitrasa denuncia sanciones “desproporcionadas” por temas “sin importancia”

    La plantilla de Vitrasa denuncia sanciones “desproporcionadas” por temas “sin importancia”

    por David Lorenzo
    01 de Feb, 2023
    0

    Luz verde al lavado de cara del entorno de Balaídos, con nueva explanada y ‘photocall’

    Luz verde al lavado de cara del entorno de Balaídos, con nueva explanada y ‘photocall’

    por Redacción
    01 de Feb, 2023
    0

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    por Raquel F. Novoa
    27 de Ene, 2023
    0

    El nuevo “corredor” de rampas mecánicas que planea Caballero estará en As Travesas

    por Redacción
    03 de Feb, 2023
    0
    El nuevo “corredor” de rampas mecánicas que planea Caballero estará en As Travesas
    Local

    El programa Vigo Vertical no deja de sumar proyectos, que se están extendiendo más allá del centro de la ciudad.

    Leer mas

    Nigrán organiza una excursión a la estación de Alto Campoo para “democratizar la práctica del esquí”

    por Redacción
    03 de Feb, 2023
    0
    Nigrán organiza una excursión a la estación de Alto Campoo para “democratizar la práctica del esquí”
    España

    El Concello de Nigrán ofrece una excursión a la estación de Alto Campoo (Cantabria) para “democratizar la práctica deportiva del

    Leer mas

    Caballero se anota el nombre de Harry Styles tras el desmentido de la Xunta: “Me encanta”

    por Redacción
    03 de Feb, 2023
    0
    Caballero se anota el nombre de Harry Styles tras el desmentido de la Xunta: “Me encanta”
    Música

    La esperanza de que Harry Styles actúe en Balaídos no está perdida. La Xunta desmintió esta semana una publicación en

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR