• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 6 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O sector pesqueiro galego xa percibe os efectos do cambio climático, que ameaza os sistemas mariños

    O proxecto Clock, da UVigo, identificou a aparición de novas especies ou cambios nos hábitats naturais doutras
    Redacción por Redacción
    08 de Jul, 2022
    en Marítima
    0
    O sector pesqueiro galego xa percibe os efectos do cambio climático, que ameaza os sistemas mariños

    As conclusións do proxecto Clock presentáronse hoxe nun acto celebrado na Federación Galega de Confrarías. / Foto: UVigo.

    O proxecto ‘Clock: Adaptación á redistribución dos stocks pesqueiros’ chega ao seu fin logo de seis anos de actividade, nos que o grupo de investigación Future Oceans Lab do CIM da UVigo, que dirixe Elena Ojea, afondou no coñecemento científico sobre a adaptación da pesca aos impactos do cambio climático desde unha perspectiva socio-ecolóxica. “O balance é moi positivo, xa que Clock, ademais de que nos permitiu fundar o noso propio grupo de investigación, Future Oceans Lab, tamén fixo posible que desenvolvésemos casos de estudo en profundidade, como a adaptación do sector pesqueiro artesanal en Galicia e en Nayarit (México), ou do sector de túnidos tropicais do País Vasco”, explica Elena Ojea.

    O proxecto do Consello Europeo de Investigación (ERC) identificou ao longo destes anos rutas de adaptación, maladaptación (ou malas prácticas) e proporcionou información sólida para a toma de decisións. Os principais resultados de Clock, que hoxe foron dados a coñecer nun evento no que participaron as confrarías galegas e representantes da Xunta de Galicia, amosan que o sector xa percibe os efectos do cambio climático en Galicia, que está a ameazar o funcionamento dos ecosistemas mariños, onde aparecen novas especies ou cambios nos hábitats. “Isto impacta na actividade pesqueira, producindo cambios nas capturas, maiores riscos no mar, maior custo da actividade”, detalla a investigadora de Future Oceans Lab, que tamén destaca que estes impactos chegan aos sistemas sociais en forma de incremento da vulnerabilidade do sector, así como perda no capital social e na tradición.

    As investigacións realizadas ao abeiro do proxecto Clock, que nalgúns casos foron lideradas por alumnado de doutoramento que xa defendeu as súas teses como Iratxe Rubio, Diego Salgueiro-Otero e Alba Aguión, permitiron chegar a outras conclusións como que de maneira xeral, ante os impactos negativos nas capturas, a meirande parte dos pescadores e pescadoras, así como das mariscadoras, seguen “un camiño de adaptación” no que pasan de adaptarse a transformarse e abandonar o sector conforme os impactos aumentan. “Nestes casos, a maior parte dos pescadores escollen estratexias de diversificación de recursos e de artes. Cómpre destacar tamén que a maior parte das persoas dedicadas ao sector pesqueiro están orgullosas do seu traballo e senten unha gran responsabilidade para traballar pola conservación do medio mariño e na sostibilidade do recurso”, razón pola que, segundo Elena Ojea, reclaman da administración e das e dos científicos accións que lles permitan continuar co seu traballo.

    Aínda que a pandemia obrigou a cambiar unha das zonas de estudo e pedir unha prórroga dun ano para facer a investigación prevista en Nayarit, “que está sendo un éxito”, o proxecto cumpriu cos obxectivos fixados inicialmente. “Propoñemos un novo marco de traballo para o estudo da adaptación da pesca ao cambio climático dende unha perspectiva socio-ecolóxica”, sinala Elena Ojea, que tamén destaca o impacto acadado polo proxecto na toma de decisións, tanto a nivel nacional, como internacional, como a participación no informe do IPC sobre cambio climático e en iniciativas como o Panel de Alto Nivel para a Economía Sostible dos Océanos. “A nivel rexional, achegámonos ao sector pesqueiro e establecemos unha relación de traballo e de confianza. Este é o caso das confrarías galegas e estamos facendo agora o mesmo en México”, explica a investigadora.

    Boa disposición das institucións galegas e vascas e transferencia de resultados

    Dado que o proxecto pretendía desenvolver un marco de traballo conceptual para a adaptación da pesca aos impactos do cambio climático, escolléronse diferentes sistemas de pesca, que permitiran unha perspectiva rexional e global: un sistema artesanal, que é o caso de Galicia e Nayarit e un sistema de pesca industrial, como o dos túnidos tropicais do País Vasco. “Temos que agradecer a boa dispoñibilidade ofrecida polas institucións galegas e vascas. Cando contactamos con elas sempre se mostraron dispostas a axudar e facilitar o noso traballo na medida do posible. No caso do País Vasco fixemos un libro divulgativo que se lles regalou aos participantes e nos outros dous escenarios fixemos obradoiros presenciais onde Diego Salgueiro, en Galicia, e Xochitl Elías, en México, presentaron aos pescadores os nosos resultados e recolleron o sentir do sector”, detalla a responsable de Future Oceans Lab, que considera esta unha fase especialmente gratificante.

    Ademais do evento celebrado hoxe coas confrarías e a Xunta no que se presentaron os resultados acadados e estes foron discutidos polos axentes implicados na toma de decisións, o proxecto tamén transferirá os seus resultados a través dunha proba concepto na que se está a traballar e que permitirá trasladar os resultados científicos á sociedade.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma
    Local

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma

    02 de Jul, 2025
    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025
    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología
    Local

    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología

    11 de Jun, 2025
    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo
    Local

    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo

    10 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR