• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    martes, 3 de octubre de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Volve o Programa universitario para o emprego e a vida autónoma das persoas con diversidade intelectual

    O obxectivo é mellorar a súa formación académica e preparación laboral como cidadáns activos
    Redacción por Redacción
    02 de Ago, 2023
    en Local
    0
    Volve o Programa universitario para o emprego e a vida autónoma das persoas con diversidade intelectual

    Alumnos do Programa universitario para o emprego e a vida autónoma das persoas con diversidade intelectual. / Foto: UVigo

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Cun acto de graduación como o resto do alumnado da UVigo remataban hai unhas semanas a súa formación as doce persoas que participaron no curso 2022/2023 no Programa universitario para o emprego e a vida autónoma para persoas con diversidade intelectual. Esta iniciativa, que ten como obxectivo dotar ás e aos participantes de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadás activos, abre agora o período de preinscrición de cara á edición do vindeiro curso, que chegará con múltiples novidades de duración e estrutura académica. 

    A UVigo é unha das 31 universidades españolas que ofertan este título, cuxo obxectivo principal é proporcionar formación universitaria a mozos e mozas con discapacidade intelectual poñendo o foco en aumentar a súa autonomía e preparalos para o mundo laboral. As e os participantes adquiriren habilidades e competencias necesarias para aumentar as súas posibilidades de inclusión social e laboral, desenvolven experiencias inclusivas e de normalización dentro da comunidade universitaria da UVigo e adquiriren unha formación integral e personalizada para que poidan participar como membros de pleno dereito na súa comunidade.

    Deste xeito, a institución académica implícase na inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través da formación e a mellora da súa empregabilidade e tamén abre as súas portas a aquelas e aqueles que logo queiran continuar co seu ciclo formativo, accedendo aos estudos universitarios que ofrece a UVigo. 

    O programa, que arrancou en 2021, está destinado a persoas con idades comprendidas entre 18 e 29 anos, con discapacidade intelectual recoñecida igual ou superior ao 33 % e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

    O prazo de solicitude das prazas para o próximo curso está aberto ata o 8 de setembro e a matrícula está subvencionada na súa totalidade, xa que se trata dunha formación financiado polo Programa Unidiversidad da Fundación ONCE e cofinanciado polo FSE+.

    En total ofértanse 15 prazas que se repartirán entre os campus de Vigo e Ourense, de igual xeito que no curso pasado, e a docencia impartirase entre o 18 de setembro e o 7 de xuño. 

    Dun curso de duración a dous

    Respecto das dúas primeiras edicións, o vindeiro curso o programa presenta varias novidades destacables. Por unha banda, decidiuse realizar un cambio de estrutura do título, pasando de ter un ano de duración e 40 créditos a artellarse en dous cursos académicos de 60 créditos cada un.

    Así, a docencia comprenderá 600 horas presenciais, que se impartirán en facultades dos campus “en convivencia cotiá coa comunidade universitaria co obxectivo de acadar o enriquecemento que achega a diversidade” e outras 200 horas de prácticas en empresas.

    Ademais, o título desenvólvese en colaboración coas asociacións Down Vigo e Down Ourense, entidades especializadas na atención a persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual que proporcionan unha resposta á necesidade de familias e persoas con diversidade intelectual.

    De cara a esta nova edición tratarase de incluír algún egresado ou egresada das dúas primeiras edicións como asistente de aula para algunhas das actividades ou obradoiros programados. Respecto aos talleres, se impartirá un de emprendemento en colaboración coa Fundación Ronsel e a ONCE; un tándem lingüístico con estudantado Erasmus; un para o deseño dunha campaña de comunicación do título propio e outro de saúde emocional.

    Finalmente, tamén se ampliará a programación de visitas, por exemplo, a empresas do sector da automoción e da alimentación, así como a museos ou escavacións arqueolóxicas.

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A UVigo, entre as mil mellores universidades do mundo
    Local

    A UVigo, entre as mil mellores universidades do mundo

    28 de Sep, 2023
    El primer barco solar de la UVigo aspira a competir en la Energy Boat Challenge de Mónaco
    Ciencia y Tecnología

    El primer barco solar de la UVigo aspira a competir en la Energy Boat Challenge de Mónaco

    27 de Sep, 2023
    La Deputación de Pontevedra y la UVigo forman a empresas para que concurran a proyectos europeos
    Economía

    La Deputación de Pontevedra y la UVigo forman a empresas para que concurran a proyectos europeos

    27 de Sep, 2023
    O proxecto de invernadoiros intelixentes de HortiHouse da UVigo gaña o HackForGood Big Day 2023
    Local

    O proxecto de invernadoiros intelixentes de HortiHouse da UVigo gaña o HackForGood Big Day 2023

    25 de Sep, 2023
    Así se inauguró la nueva estación de autobuses de Vigo y estas son las opiniones de los usuarios
    Morrazo

    La Xunta habilita un autobús de refuerzo entre O Morrazo y la Universidade de Vigo

    23 de Sep, 2023
    A UVigo acada un récord de axudas FECYT para a posta en marcha de proxectos de divulgación científica
    Ciencia y Tecnología

    A UVigo acada un récord de axudas FECYT para a posta en marcha de proxectos de divulgación científica

    21 de Sep, 2023

    Más Vistos

    Lo que se esconde bajo el asfalto

    Lo que se esconde bajo el asfalto

    por Julio Alonso
    28 de Sep, 2023
    0

    Galicia reeditará el Bono Comercio, que dará 30 euros por persona para compras en locales de proximidad

    Galicia reeditará el Bono Comercio, que dará 30 euros por persona para compras en locales de proximidad

    por David Lorenzo
    27 de Sep, 2023
    0

    El mercado de la Navidad de Vigo confirma su fecha de apertura y su ubicación

    El mercado de la Navidad de Vigo confirma su fecha de apertura y su ubicación

    por David Lorenzo
    26 de Sep, 2023
    0

    La plantilla de BorgWarner Vigo, en huelga indefinida desde el próximo lunes

    La plantilla de BorgWarner Vigo, en huelga indefinida desde el próximo lunes

    por Redacción
    02 de Oct, 2023
    0

    ¿Álvaro Cunqueiro o Povisa? Se abre el proceso para cambiar de hospital en Vigo: así se puede tramitar

    por Redacción
    02 de Oct, 2023
    0
    ¿Álvaro Cunqueiro o Povisa? Se abre el proceso para cambiar de hospital en Vigo: así se puede tramitar
    Salud

    El Servicio Galego de Saúde (Sergas) abrirá este martes el plazo para solicitar el cambio de hospital de referencia. Las

    Leer mas

    Vigo aprobará una modificación presupuestaria para pagar parte del sobrecoste en el ascensor Halo

    por Redacción
    02 de Oct, 2023
    0
    Vigo aprobará una modificación presupuestaria para pagar parte del sobrecoste en el ascensor Halo
    Local

    El gobierno local de Vigo ha dado luz verde a una modificación presupuestaria para afrontar parte del sobrecoste que implican

    Leer mas

    La plantilla de BorgWarner Vigo, en huelga indefinida desde el próximo lunes

    por Redacción
    02 de Oct, 2023
    0
    La plantilla de BorgWarner Vigo, en huelga indefinida desde el próximo lunes
    Economía

    Los trabajadores de la empresa auxiliar de la automoción BorgWarner han decidido por mayoría en asamblea iniciar el próximo día

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR